Sensibilizado e solidarizado co problema acontecido na praia de Riazor/Orzán, e tendo a experiencia para evitar este tipo de desastres, paso a comentar o asunto. Non é un problema de bandeiras de alerta nin de estacións do ano. É un problema de coñecimento e de información. Non hai heróes nen imprudentes. Non hai bébedos nen salvavidas.

Nas praias bravas como a do Orzán na Coruña, existe un perigo natural descoñecido polas autoridades e polos cidadáns que ten nome: chámase "Aguieiro". Esto é unha forma de areas movedizas combinada coa marea que o ir camiñando pola veira do mar, de repente desaparece o firme engulindo para o fondo cualquier cousa que por alí pase. Este fenómeno é incontrolable e cambiante de zona, con fosos de diferentes alturas producidos pola forza do océano nas praias bravas a unha distancia aproximada de 50 metros do cantil. En todas as praias de mar aberto como a da Frouxeira, Pantín, Riazor/Orzán..., etc, existe este perigoso feito natural.

Debo dicir que os mortos ou afogados son producidos por absorción inmediata, podendo votar moito tempo desaparecidos e soterrados pola area no mesmo pozo onde foron absorbidos, dependendo da profundidade das distintas e variadas fosas que conforman o aguieiro. Entre os distintos colectivos de risco, están os bañistas e os surfistas.

O que soscrebe é o último e máis novo "braveiro" de Sada, que fai máis de 40 anos ia a pescar as praias de fora cun aparello chamado brava, que era unha rapeta xigante. Nesta pesca gañábase rápido moito diñeiro por eso algúns mariñeiros arriscaban neste oficio, pero traballando con cautela. Por eso, e antes de largar o aparello, dous homes saltan desde a lancha o mar con un cabo atado a cintura para recoñecer o terreo, camiñando pola praia para comprobar si existe aguieiro. Estas precaucións foron tomadas en base a experiencia, pois sempre había pescadores desaparecidos no desenrolo da actividade, como actualmente acontece, que de vez en cando desaparece xente engulida polo mar paseando simplemente pola veira da praia. Por isto, non é cuestión de heróes nin de imprudentes. É un perigo natural que hai que coñecer. É unha vez entendido, prestarlle atención e informar da existencia.

Como ven esta non é unha simple carta, é unha información para evitar todas as mortes que se producen e se van a producir durante toda a vida si non se cree nesto e non se toman as medidas correctas. Esta información debería ser ampliada profesionalmente por xornais e xornalistas con criterios responsables para que as autoridades unha vez convencidas do problema deixen de andar polas ramas e fagan o que teñan que facer para advertir a xente.

Estamos vivas moitas das persoas que coñecemos esto, podendo contar con nós si precisaran.