O borrador da Lei de Montes de Galicia pretende, entre outras cuestións graves, a apropiación indebida da xestión de algúns montes veciñais a favor das sociedades de fomento forestal (as sofor). Evidentemente, o Partido Popular non da pontada sen fío e se creou as sociedades de fomento forestal foi para algo.

Mediante o que no borrador da Lei de Montes de Galicia denomínase "contratos de xestión pública", a Consellería do Medio Rural, por declaración propia, sen nengún criterio técnico e sen contar coa opinión das comunidades de montes, poderá asinar contratos de xestión con aquelas comunidades de montes que carezan de recursos económicos e que non garanten a sustentabilidade dos montes. A execución de estes contratos de xestión pode facelo a propia Administración ou levalos adiante terceiras persoas físicas ou xurídicas. É decir, vaille entregar a xestión de estes montes veciñais ás sociedades de fomento forestal.

Mais a apropiación indebida destes montes veciñais a favor dunha xestión de corte capitalista, por si soa, non chega. Hai que procurarlle financiación. De ahí que obriga ás comunidades de montes a pagar estes contratos de xestión, non so dos ingresos derivados dos aproveitamentos forestais senón de todos os ingresos dos montes. É decir, que non somente se lles consigue monte para as sociedades de fomento forestal (sofor) senón que se lle impón ás comunidades de montes impostos para financialas.

Agora ben, como a apropiación indebida e a financiación obrigada ás sociedades de fomento forestal (as sofor) non calma a súa voracidade de xestión capitalista, hai que asegurarlles o negocio. De ahí que o borrador da Lei de Montes de Galicia elimina a prohibición de forestar con masas monoespecíficas máis de 50has continuadas. Levantada esta prohibición as sociedades de fomento forestal (as sofor) xa teñen vía libre para encher os montes galegos de especies de crecimento rápido e de cultivos enerxéticos. Elas teñen o seu negocio e os titulares das terras temos de novo o ciclo do lume.

Hoxe, o Partido Popular pretende a apropiación da xestión de algúns montes veciñais. Mañá, se as comunidades de montes non o paramos, pretenderán a privatización de todos os montes veciñais.