farodevigo.es » Cartas
    Noticia siguiente 

Resposta ao "Abogado del diablo"

Antonio Méndez Méndez

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

"Abogado del diablo": Aínda que con case 3 meses de atraso –por razóns alleas a miña vontade-, escríboche esta carta para darche cumprida resposta a unhas liñas dirixidas a min, que ti puseches en Internet o pasado 17 de xuño, en contestación, a súa vez, a unha carta asinada por min, titulada: "Racismo e xenofobia en Galicia", publicada nesta sección o día 17 do pasado xuño.
Naquela carta viña eu a dicir que despois de que Galicia levase uns 130 anos "invadindo" medio mundo cunha multitude de emigrantes próxima aos tres millóns (incluida a emigración interior, entre quenes eu me atopo), a resposta da maioría dos galegos e galegas era de intoleranza e rexeitamento cara aos extranxeiros/as (menos de cen mil en toda a Comunidade) que residen e traballan en Galicia; moitos/as dos e das cales –caso dos africáns e africás- chegaron aquí á costa de poñeren antes en gravísimo perigo as súas vidas en pateiras e caiucos.
Facía constar, ademáis, ante tales circunstanzas, a escasísima memoria de moitos galegos e galegas, que non lembran a nosa aínda recente historia emigratoria; e remataba dicindo; "Polas razóns aquí expostas e por algunha peculiaridade nosa máis, sinto vergoña de ser galego".
Dis na túa curta resposta: "Ser gallego es un privilegio, no una obligación, si no te gusta, vete; empadrónate en Marruecos o donde te guste, pero no digas que te avergüenza ser gallego. Cuando alguien llega a esa conclusión, no merece serlo".
E agora paso a contestarche, punto por punto, a esas cousas que me dis. Primeira: ser galego/a non é nin máis nin menos privilexio que ser dunha comunidade ou país calquera; se é de onde se nace, sendo esa a terra á que se quere. Segunda: a min gústame, e moito, Galicia e ser galego, sendo por iso polo que retornei a miña terra despois dunha estadía de case 30 anos noutras partes de España. Tercera: chámame moito a atención que me recomendes en primeiro lugar a Marrocos para empadroarme senón me gusta ser galego; e ao respecto, téñoche que dicir o seguinte: por este último dato, estou seguro que a ti o que che molestou foi o feito de que eu rematara aquela carta dicindo que sentía vergoña de ser galego, senón que te sintes incluido dentro das persoas ás que eu calificaba como intolerantes, racistas, xenófobas, insolidarias e desagradecidas. E cuarta: calquera persoa cun mínimo de intelixencia se daría conta de que cando dicía que sentía vergoña de ser galego, non o dicía no sentido estricto da palabra, senón que o que realmente desexaba expoñer era que sentía vergoña allea de que na miña comunidade, os emigrantes sexan tan mal acollidos, cando, se non houbésemos marchado polo mundo adiante (emigración interior incluida), os case tres millóns de galegos/as que o fixemos, Galicia tería na actualidade un mínimo de entre 9 e 10 millóns de habitantes; e a ver, "Abogado del diablo", onde nos iamos a meter tanta xente e, sobremaneira, a ver que iamos comer.
Pídoche que se en adiante desexas voltar a dirixirte a min, o fagas con nome e apelidos, como o fago eu, e non refuxándote nun alcume –bastante ridículo por certo, como o fan os cobardes; no caso contrario, ignorareite por completo.
Para rematar, recoméndoche –se non desexas que algún día te bote na caldeira do aceite fervendo- que defendas ben ao teu xefe: o Demo.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
89%
No 11%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad