Cangas unha vila grande, ben situada, con moitos recursos para gañarse a vida, chea de oportunidades para vivir e disfrutar e con moitas potencialidades aínda por descubrir e aproveitar.
En cambio Cangas ten unha historia política complexa, distinta a habitual en Galiza, e cunha pluradidade ampla que responde á estructura da poboación plural e esixente cos seus representantes e así o ten amosado cas distintas votacións e confeción de governos de varios cores e combinacións: monopartito, bipartito, tripartito, cadropartito, conservador, progresista... podendo chegar a interpretarse nalgúns momentos que esta vila mariñeira é un barco sen goberno.
Esta historia ben protoganizada e mediatizada por dous políticos como é Mariano Abalo e Enrique Sotelo que dende posicións opostas viñan condicionando a acción dos distintos governos que houbo en Cangas e cun denominador común que foi o de ser incapaces de executar os seus proxectos políticos e mantelos no tempo, e tamén o de intentar impedir que outras opcións o fixera a pesar de estar lexitimadas polos votos dos cangueses.
Así se pon de manifesto varias actuacións por parte das organizacións distes dous representantes como foron os planes de Urbanismo, os usos partidarios destos, incluso a utilización do Proxecto Massó, a política de emprego feita polo Concello creando persoal afín, ou o propio feito de intentar porse dacordo e estar unidos e votando en conxunto a retirada do soldo da alcaldesa e do seu equipo, mentras eles cobraron sempre que poideron as súas retribucións, e agora están reclamandoas xudicialmente por dificultades de Tesorería do Concello, aínda que o diputado provincial ten uns emulumentos considerables.
Pero, agora, co governo bipartito actual presidido pola nacionalista Clara Millán, incluso estando en minoría, o concionamento non lle é tan fácil, non paran os proxectos importantes, o Concello segue funcionando, o esforzo da alcaldesa e o seu equipo fan que nada se paralice, que o Concello funcione e a xente así o percibe, incluso agora mellor que co tripartito, un governo máis cohesionado, un governo que governa, que toma decisiós, incluso medidas non desexadas pero necesarias, pecha locales que infrinxen normas, paraliza obras sen licenza, sanciona a establecementos por prácticas incorrectas.
Clara Millán está sendo quen de pór orden, de reconducir un governo progresista, que tivo que destinar moitas enerxías para facer viables moitos proxectos que se están executando, que ten proxecto político para Cangas, que necesita máis votos dos cangeses e cangesas para ir máis rápido, para que se visualice o que se está xa a facer, para demostrar o que é capaz de facer noutras condicións por un futuro de Cangas. Mariano e Sotelo xa cumpriron, e o mellor e que xa pasen á historia de Cangas. Clara Millán! É a solución clara para Cangas.