farodevigo.es » Cartas
    Noticia siguiente 

Poder, autoridade e trompos

Doro Piñeiro

 06:30  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

Na edición do día 1 de setembro o periódico FARO DE VIGO informou e ilustrou profusamente en portada e na páxina un o acontecido na mañanciña do 31 de agosto no torreiro de festas de Valladares. Nesta información pode apreciarse con todo detalle, no seu apartado gráfico, como participan vehículos de alta gama xunto a outros que exhiben as súas mañas baixando polas escalas do Adro encirrados polo público asistente e entusiasta desta manifestación deportiva. Estes, o público mozo alí convocado, tamén evitaron a intervención da Policía Local logo dos altercados e agresións recibidos por estes últimos.
Sería así, sen máis, o relato do acontecido ano tras ano ao longo dunha década, como se comenta tamén na referida información, se non fora porque hai detrás destes acontecementos motivos para reflexionar e de preocupación. Por exemplo: dos veciños do entorno que queren e non poden acceder ao dereito ao descanso, logo dos tres día de festa; da ilegalidade do acto en si; da responsabilidade implícita dos organizadores da festa da parroquia que nada teñen que ver con este asunto, en caso de accidente grave; do aparente exceso de alcol que simulaban ter os participantes do evento, segundo as informacións recibidas; no deterioro do mobiliario urbano, arboredo, medio ambiente; pero sobre todo no deterioro social que leva implícito acontecementos como este que non son exclusivos nin deste sitio e nin deste día.
Eu, que formo parte da Xunta Rectora da Comunidade de Montes da parroquia, estou preocupado pola proliferación destes acontecementos ao marxe das leis. Preocúpanme os actos vandálicos como este ou outros que proliferan nos espacios públicos ou de acceso público, como temos comprobado no espacio do monte comunal; a utilización deses espacios para campar as súas anchas sen que importe cales son as consecuencias das desfeitas que poidan producirse e o custe que estas desfeitas repercuten en toda a sociedade. E, moito máis, preocúpame a deriva cultural que certa capa social quere impoñernos para proveito propio e por riba xustificar o desenvolvemento social e económico da chamada sociedade moderna, da sociedade da información, da sociedade da utilización perversa do SMS. ¿Que modelo de sociedade estamos a construír?
Nunha sociedade moderna e democrática, como a nosa, parece que este tipo de accións tenden a tebrala, a empobrecela, e iso doe a quen leva toda a vida loitando pola liberdade e a democracia participativa. A labor pedagóxica da autoridade está quedando tapada pola imposición deste poder emerxente ao marxe da autoridade que a maioría nos demos para poder convivir. A autoridade témola clara, o poder, en estes casos, é patrimonio de quen nos pretende manipular. De aí a unha sociedade mafiosa soamente queda un paso de galiña.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
89%
No 11%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad