farodevigo.es » Cartas
    Noticia siguiente 

A privatización dos montes veciñais

Xosé Alfredo Pereira Martínez - Val Miñor

 07:51  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

Dende a Organización Galega de comunidades de montes vimos defendendo que a Consellería do Medio Rural, na presente lexislatura política, ten como ouxetivo a privatización dos montes veciñais en man común. A Consellería do Medio Rural manifestou reiteradamente que iso non era certo. Ante esta diferencia de criterios, convidámola a que asistise ó IV Congreso Galego de comunidades de montes para que diante de representantes de comunidades de montes de Galicia, que tivo lugar os pasados días 22 e 23 de maio no concello de O Carballiño, expusexe a súa postura. En nome da Consellería do Medio Rural asisteu ao IV Congreso Galego de comunidades de montes o Sr. Director Xeral de Montes. Coas palabras que dixo no seu discurso, e sobre todo polo silencio que gardou, reafirmounos no noso pensamento. É decir, reafirmounos que a intención é proceder á privatización dos montes veciñais.
O Sr. Director Xeral de Montes dixo que os montes veciñais non se ían a privatizar porque son xa bens privados. Esto non é certo xa que os montes veciñais en man común non son bens privados nen bens públicos, son titularidades colectivas e abertas. Son titularidades comunitarias.
O Sr. Director Xeral de Montes non respondeu á pregunta, se a nova lei de montes que se está elaborando vai dotar ás comunidades de montes de personalidade xurídica ou vai manter e mesmo reforzar a capacidade xurídica. Como o que cala, otorga, para nós quedou claro que a nova lei de montes vai dotar ás comunidades de montes de personalidade xurídica e xa que logo vai a desnaturalizar este tipo de titularidade singular. Dotar ás comunidades de montes veciñais en man común e eliminar o carácter xermánico de este tipo de titularidades (indivisibles, inalienables, imprescriptibles e inembargables). Dotar ás comunidades de montes de personalidade xurídica e situalas no tráfico do comercio, é decir, que se poidan vender e mercar. É decir, que se poidan privatizar.
A Consellería do Medio Rural tivo unha boa oportunidade para nos desmentir. E tíñao fácil. Somentes tiña que decir no IV Congreso Galego de comunidades de montes que a nova lei de montes veciñais en man común ía a reforzar o carácter xermánico da titularidade veciñal e ía a manter e mesmo reforzar a capacidade xurídica das comunidades de montes. Mais non o fixo. E non o fixo porque o seu ouxetivo é sacarlle os montes ós veciños e veciñas comuneros. Porque o ouxetivo é privatizar os montes veciñais.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
90%
No 10%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009