A manipulación e o engado das masas traballadoras obreiras e veciñanza, lévase a cabo a través de dosificados sistemas de control informativo de medios públicos e privados. A estratexia susténtase na imposición do medo e no artello de discursos de opinión dirixidos a facer que todos nós comunguemos con rodas de muíño, é por imperativo deixemos expropiar os dereitos laborais e sociais da Veciñanza.
Xa non e ningún secreto que hai tres poderosos clubs que están dictando as políticas que consideran indispensables nas súas xuntanzas secretas celebradas nos máis luxosos castelos do mundo. Son o Club de Bildenberg, Banco Mundial e Trilateral de Roma. Logo dan traslado da axenda ós clubs G-8 e G-20 segundo eslavón de xerarquía da que participan activamente: Xefes de Estado, Presidentes, Ministros de Finanzas e Exteriores e outros/as ilustres convidados que acoden alí a recibir ordes. O control político dos estados, fornecendo estratexias de marketing publicitarias en prol de líderes do Bipartidismo Globalizado. Elo permítelles conformar dous partidos xemelgos con prazos e ciclos alternantes no poder e oposición. Trátase de cambiar; líderes esgotados no discurso sen cambiar a políticas.
A grande complicidade de ámbolos dous partidos no noso país ollouse no tempo da famosa reconversión naval. No sustento de leis e normas favorecedoras da especulación urbanística e dos cretos hipotecarios. Nas actividades mercantilistas das eléctricas e telefónicas que campan polos seus respectos, e visto na imposición do cobro de consumos estimados nos recibos. Ás petroleiras, as mutuas sanitarias. Coincidencia no patrocinio de pandemias e enfermidades inventadas, enchéndolles o ventre ás multinacionais. No famoso pacto pola xustiza, que ficou en xustiza para pobres e liberdade para banqueiros e políticos corruptos. Ámbolos dous apoian as guerras imperialistas disfrazadas de "humanitarias y contra el terrorismo". Segundo a ONU, un de cada tres mortos en Afganistán é un neno. Tamén votaron no parlamento a privatización do sistema sanitario, reflectido no voto útil á famosa Lei Aznar do 97, que agora chega a Galiza da man de Feijóo-Fargas. No Parlamento Europeo votan a mesma cousa no 80% das sesións parlamentarias. Coincidiron votando a reaccionaria Constitución Europea. O Tratado de Lisboa, A Directiva Bolkesteín, etc. Lonxe queda Bruxelas e ninguén se decata do que fan alí por nós…!
Os dous partidos alternantes no poder neste país nos últimos 35 anos foron cómplices convictos e confesos no seguimento de receitas económicas saídas da filosofía do capitalismo neoliberal especulativo que nos levou pola senda da creba económica sen precedentes. A cousa non queda aí non. A máis pobreza máis felicidade. Dito esto, pide veciño/ña que Deus te salve do menú do día que están a cociñar: xubilación ós 67 anos, despido libre e máis barato, pensión miseria o estenderche a base de cálculo a toda a vida laboral. Cando procures saúde no sistema sanitario ou servicios sociais, atoparalos privatizados e nas mans dos mercadores do Templo do Poder Económico. O copago do 30% por servicios prestados e as pólizas de seguros complementarias serán parte do prato combinado.
Cen sabios ilustrados da economía-neoliberal, polo visto algúns simpatizantes dos dous partidos con mando en praza, é outros vencellados a centros financieiros aquí e alén da fronteira, veñen de asinar o manifesto "Entre todos podemos arreglarlo". A ti impóñenche o menú do día. Eles, poderán ter a sorte de ser agasallados con contratos blindados. Movilízate!