Querido Nandi:
Sei que nunca terás esta carta nas túas mans, nin a lerás como me gustaría que o fixeras, pero tamén sei que esta carta está gravada no teu corazón e pendurará nel para sempre.
Gustaríame expresarche como estou, mais sinto que non podo. Non sei explicarcho pero si sei que desde o día que te fuches algo falta en min, coma un anaco da miña vida. Ausencia… si, ausencia sería a explicación máis precisa. Aquela mirada, aquel sorriso, aquela voz… onde está todo aquilo? Na miña mente, no meu corazón pero aínda así non entendo como xa non estás aquí para mostrarmo.
Desde hai uns meses teño un desexo. Un abrazo. Dirás ti, ´´un abrazo´´? Menuda estupidez, pois si un abrazo. Necesito que me abraces cos teus brazos, envolvéndome e apertándome forte e despois un bico, un bico na meixela traspasándome todos os sentimentos: amor alegría, cariño… todo iso que agora me falta, e boto de menos. Só ti podes lograr a miña total felicidade.
Hai moitísimas cousas que dubido, pero hai una que estou segura que ocorrerá: volverémonos topar. Non sei moi ben onde estás, tampouco sei onde estou eu, nin que fago aquí sen ti, pero preciso verte xa. Aínda que só sexa una vez, pero asegúroche que será o día máis bonito das nosas vidas. Cumpriremos todos aqueles soños que nos quedaron pendentes.
Eu quixera esperar a túa contestación, e, aínda que non a reciba sei que desde onde esteas, mandarasme o que che pido, e que conseguirás atoparme, onde ti máis eu sabemos, no país dos soños.
Estráñote moito. Moitas veces penso en ti, poderíase dicir que continuamente e..., cando pronuncio as malditas palabras: ´´Xa non estás´´, choro. Volvo pensar en ti e choro. Bágoas, tan só bágoas… e, por que? Porque te quero moito, e xamais te esquecerei.
Quérote.
14 de febreiro de 2010