Hai uns días, Rosa Díez, Deputada por Madrid nas Cortes Españolas e máxima representante de UPyD reiterou o uso do calificativo gallego ao aplicarllo a Zapatero para darlle a esta palabra un uso común máis alá do que significa ser cidadán de Galicia, con significado pexorativo. Hai 3 meses o aplicara á Feijoo e este mesmo día a Rajoy pero nestes dous casos resulta máis difícil saber que porcentaxe da palabra é pexorativo, pois ademais, estes dous son galegos. Sobre o aspecto pexorativo do vocábulo "gallego" acláranos R. Díez o que significa para ela, no resumo da entrevista que A. Prieto publica no FARO DE VIGO do día 26 último, (copio textualmente os parágrafos que expresa R. Díez) "la capacidad de los gallegos para no definirse y esa habildad no es negativa" . Isto significa: confuso, indeciso) e aclara máis adiante: "de Zapatero nadie sabe si sube o baja o sea lo que va hacer o dejar de hacer." "En esa entrevista habíamos estado hablando de que Zapatero decía unas cosas y las contrarias". Isto significa: mentireiro, falso). Cabe pensar,que para ela, gallego, significaría en conxunto: indeciso, confuso, mentireiro e falso... Cada calificativo ten un significado altamente negativo, pero todos eles xuntos podemos igualalo a impresentábel.
Debe saber R. Díez que aínda que existen cidadáns de Galicia con comportamentos confusos, como Feijóo e cía. que din que defenden o idioma galego pero favorecen a súa desaparición, reducindo no ensino e retirándoo das probas opositoras dos profesores: ou os que din que non se debe perder o galego pero procuran que os seus fillos non o falen, que a maioría dos galegos somos moi diferentes dos que ela coñece e daqueles cos que comparteu cabeza de pancarta na manifestación de Galicia Bilingüe o día 8 de febreiro de 2009 en Compostela: Alfonso Rueda, Ana Pastor, Corina Porro, Carlos Negreira, Javier Dorado, Ignacio López Chaves e Gloria Lago…
R. Díez, mal informada polos seus amigos/as, quere incorporar un novo significado ao adxetivo "gallego" en castelán, pero isto non se consolidará se a maioría dos galegos/as e os nosos líderes somos congruentes na defensa e desenvolvemento do noso idioma e valores, claridade nas ideas, valentes e decididos nos comportamentos, veraces e honrados na nosa vida individual e colectiva. De nós depende!