Estimada señora: dicía Gracián, que tamén é Baltasar como o xuiz Garzón, que: "O breve se bó dúas veces bó e que e que o malo se breve menos malo" , percurarei ser breve.
Leín con estupor, a forma que ten de(fine) definir a algúns políticos, empregando o término "gallego", neste caso os elexidos son dous galegos e un leonés.
Os galegos con o señor Raxoi, a quen vostede considera somente "galego", coas connotacións que esta verba aparece no diccionario da Real Academia da Lingua. O señor Zapatero hoxe Presidente do Goberno, chámase "galego" no máis amplo senso peiorativo. O terceiro deles foi o señor Presidente da Xunta, a quen chamou "cobarde". En resumo, que os galegos non sabemos si subimos ou baixamos e que non sabemos dar a cara e dicir as cousas claras.
O señor Feijóo, supoño que en representación de tódolos galegos, e como Presidenta da Xunta, respostoulle: "Non ofende quen quere senón quen pode". Eu, educado e correcto, como o meu presidente, quixérao ou non, máis ben voulle respostar con outra máxima: "A tal señora tal honor".
Vostede, que saiu ou a fixeron saír, do actual PSOE, que non foi capaz de atopar cabida dentro do seu pobo, en ningún dos partidos políticos que existen no pobo vasco, que para satisfacer o seu "ego", creo, o seu propio partido a "UPD", que por certo tiveron bastante éxito, estas declaracións desafortunadas, van a marchitar esos poucos "brotes verdes" que parecían emerxer con ilusión.
Atoparase soia, non será "chave" de nada nin de ninguén", vostede supera ós baróns do Partido Popular, é unha "burbuxa política", que non está en "recesión", senón en "crise". Volte á casa e non pense máis na "UPD" cuios brotes, vos mesma matou.
Un forte abrazo dun "galego" que se sinte orgulloso da súa lingua, da súa historia e da súa cultura, como tamén doutras culturas do país, incluido por suposto o seu pobo vasco a que respeto e admiro e a vostede, rectifique ou non, reflexione, "avaricia rompe o saco, que é máis importante chegar que facelo de primeiro, xa que as veces as ambicións desmesuradas, xógannos malas pasadas.