farodevigo.es » Cartas
 Noticia anterior   Noticia siguiente 

A escola de Ricolo

Xacinta Varela Martínez - A Coruña

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

Lembro que cando era pequena me enviaron á escola de Ricolo canda a rapazada do meu tempo (aínda non tiñamos a idade para escolarizármonos no Párvulos) e aprendemos a ler e a facer as contas naquel faiado cunha mesa longa feita de táboas arredor da que nos reuniamos cada tarde.
Foi no Párvulos o meu primeiro contacto co castelán: só o falaba a mestra e mais unha compañeira; aos demais mandábannolo falar un recreo á semana.
Logo chegou a EXB e, en 4º, o meu primeiro libro en galego (Agromar Lingua Galega 4º), recordo a alegría que me deu poder escribir e poder ler en galego na escola, escoitar o galego dentro da aula e escoitarllo á profesora!! Acabo de botarlle unha ollada nestes intres e vexo (do meu puño e letra, supoño) a solución a unha adiviña; leo "sevola" e un sorriso inevitable acódeme aos ollos. "Así que ésta era a miña letra?" penso. É mesma sensación de extrañamento que experimento diante dun retrato doutra época. "Se non mo dis ti mamá, nunca pensaría que esta criatura fose eu. E ben que me acordo de como me picaba a ramada co pantalón de fío!". É curioso o xeito de conservarmos algúns recordos

COMPARTIR
 
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009