farodevigo.es » Cartas
 Noticia anterior   Noticia siguiente 

Participantes do programa "Camiño a Camiño"

Mari Carmen Alonso Davila, Angeles, Mar, Nieves y Puri

 06:30  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

Dirixímonos a quen corresponda, da organización deste evento, cremos saber que é Medio Ambiente coa concelleira Chus Lago ó seu fronte. Ben, pasamos a expoñer as nosas ideas sobre o artigo que saíu o 29 de decembro publicado no FARO DE VIGO nas cartas ó Director.
Sorprendidas polo que un dos guías explica, que foi cesado do seu traballo o seguinte día do sendeiro Eifonso por culpa dunhas palabras que houbo entre dito guía e a concelleira Chus Lago, que ese día nos acompañou, como tantos outros. Coincidiunos estar ó seu carón, tomando o chocolate que nos dan ó final da ruta, e escoitamos algunhas das verbas entre eles. Nós queremos falar en favor do guía, Xan, co que fomos case tódalas veces. Parécenos unha persoa moi respectuosa co medio ambiente, coas persoas, explica moi ben todo o que vemos no traxecto, atende a todos por un igual, sempre está atento a calquera incidencia que poida haber e sempre cun sorriso na cara. E ese día estrañounos velo tan serio, cando xa iamos coller o autobús para volver a casa.
Parécenos moi esaxerada a decisión que tomaron con el, pois sempre deu mostra de ser un bo profesional, nós queremos agradecerlle todo o que nos ensinou e cremos que moita xente estará de acordo con nós.
Desexamos que na vida lle vaia tan ben coma se merece, pola súa validez e respecto polos demais. Tamén esperamos que a nosa concelleira teña sorte coa tarefa que ten entre mans, polo ben da cidade de Vigo, os seus cidadáns e o medio ambiente, que é moi importante.
Queremos dar a nosa opinión, sen ánimo de ofender a ninguén.
Un saúdo e que siga o Camiño a Camiño.

COMPARTIR
 
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009