farodevigo.es » Cartas
    Noticia siguiente 

Á Xunta de Galicia e carretera pola vía

Arturo Carreira Castro

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

A Xunta de Galicia ven de poñer en coñecemento dos medios a súa intención de emprender obras de modificación da Comarcal 35, a carretera pola antiga via do tranvía, que transcurre pola costa entre Vigo e Baiona.
A actual Xunta optou por modificar un proxecto da Xunta anterior, que xa contaba con dotación económica apropiada. Agora a Consellería de Medio Ambiente, Infraestructuras e Territorio dicidiuse por algo que lle resultase máis barato, pero a cambio de reducir a anchura da calzada de rodadura dos sete metros actuais aos seis metros que vai a ter no futuro. Ademais, suprímese o carril bici anteriormente contemplado. No seu lugar colocaranse xardineiras entre a calzada e o arcén. E todo isto co un coste de execución que ronda os 23 millóns de euros.
Trátase sen dúbida, dunha actuación escasamente defendible, xa que unha estrada que multiplicou por dez a súa circulación nos últimos quince anos non pode ver disminuída a anchura da banda de rodadura dos vehículos, poo simple feito de que a Xunta actual non sexa capaz de negociar e de afrontar as expropiacións previstas e necesarias. Con esta actuación vaise a limitar a mobilidade dos vehículos e non se vai a solucionar o problema da seguridade nin dos peóns nin dos ciclistas, sobre todo porque ambos terán que compartir o mesmo arcén, feito que ademais non está previsto nas actuais ordenanzas de Tráfico.
Ademais, a Xunta debería priorizar a funcionalidade, a capacidade e a seguridade desta estrada, dotándoa de rotondas nos cruces principais, de pasos de cebra seguros, de marquesiñas para usuarios do transporte público, de emplazamentos apropiados para os contedores de lixo. Porque todo isto é infinitamente máis necesario que, por exemplo, as xardiñeiras ornamentais.
Por outro lado, este novo proxecto, resulta relativamente moi caro se temos en contra que cunha inversión pública superior aos 3.800 millóns de pesetas vanse a emprender obras que disminúen a capacidade de mobilidade dunha estrada, que soporta cada día unha media de catro mil vehículos, e que cada fin de semana é utilizada por centos de arriscados ciclistas.
Era de espera que Xunta de Galicia actuase neste caso con máis responsabilidade de futuro afrontando os costes e as actuacións imprescindibles que fixeran deste vial entre Vigo e A Ramallosa algo máis operativo, algo que non quedase desfasado ávolta duns poucos anos. Porque, con semellante proposta creo que o que a Xunta pón sobre a mesa é pan para hoxe e fame para mañá.

COMPARTIR
 
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009