farodevigo.es » Cartas
 Noticia anterior   Noticia siguiente 

Adeus ao mentireiro verdadeiro

Xosé Luis Ripalda

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

Ven de deixarnos neste frío mes de xaneiro o crego Xosé Regadio ou mellor dito o Xepe, como a el lle gustaba que lle chamasen, ao que eu estaba vencellado por lazos de parentesco pois era curmán da miña muller.
De sempre Regadio tivo teima de poder disfrutar dun prelo de seu, a fin conseguiuno despois de moitos anos, instalando a maquinaria na súa destartalada reitoral, a que, segundo as súas palabras, nin viñan os ratos porque morrían de fame, pois non dispoñía de cartos para arranxala aínda así sempre estaba disposto para axudar aos seus fregueses co pouco que tiña como o amosou na traída de auga pra as casas dándolles os cartos que necesitaban. A súa figura vestido cunha sotana onde o lidro, brillo característico das prendas moi usadas, fíxose popular polas terras da Ulloa e concretamente no concello de Palas, onde atendeu ao ir da súa vida tres freguesías: Lai, Quindimil e Filgueira, cuxas inicias seviron para darlle nome o seu prelo: "Likinfil.da que todos os anos saía puntualmente o almanaque do tempo, "O mintireiro verdadeiro" que trataba dos máis variados temas aínda que o principal era o tempo. A súa portada con dos paisanos falando non variou ao ir dos anos tan só se diferenciaba pola cor da mesma. El definía o calendario como chusqueiro, escotolido, galego, profético, enxebre, noticioso, artimañeiro e tamén barato. O nome das publicacións, segundo el mes contara, foi que os veciños como sabían dos seus coñecementos do tempo cando ían a sementar calquera planta inquirían del si a época era a tergo ou non. Pero as veces, como e natural, trabucábase polo que os afectados polos seus agoitos tratábano de mintireiro, malia outros cando acertaba, dicíanlle: "Será un mintireiro verdadeiro". E así foi como se coñeceu o seu calendario. E de loubar de que cos medios de que dispuñía, só o esculcar da Natureza, puidese acertar con tanta precisión sobre o tempo. Como o amosa no seu agoiro corespondente ao mes de xaeiro, así di nun parágrafo: "Días si, e noites tamén, chuvinadas rendedeiras á reo, máis ben zarezalladas miudas que ateigarán os encoros á rebentar e isoparan as terras a fartar. O medo a seca acougurá a xente. Xa podemos beber auga".
E noutro di o seguinte: "Xaneiro amercearase de todos nós é tamén nos agasallará con xeleiras moi recuncadas; pero coutará os carambelos dos tellados para que os nenos os zuguen e ninguén esbarexa coas zocas no carazo". Non se trabucou Regadío, unha vez máis, el foise pero que dará o seu espirito en medio da zarzallante choiva o vento refolado e as folerpas de neve e tamén a súa lembranza na memoria das xentes que tiveron a sorte, coma min, de coñecelo e disfrutar durante tantos anos do "Mintireiro verdadeiro".

COMPARTIR
 
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009