farodevigo.es » Cartas
     

Á señora DGT

Pedro Souto González

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

O Ministerio de Interior, dende que comezou a obter datos para arquivalos e poder analizar o fenómeno do tráfico estatísticamente, ven enrugándonos o ánimo cos datos da perda de vidas humanas nas estradas, un ano detrás doutro. Pero a pesares das cántigas que nos contan os "do goberno de España", coidamos que hai posibilidades aínda non postas en práctica que poderían dar resultados positivos e bastante simples e económicas.
Tendo en conta que a señora Dirección Xeral de Tráfico nos ten a todos os conductores máis ca controlados, para o que lle convén ¿sería moi costoso e molesto remitirlle a cada conductor un exemplar das modificacións do Código de Circulación (nin sei se aínda se chama así) cada vez que se producen modificacións? É probable que alguén, por falta de responsabilidade, non as lese, pero unha mayoría maioritaria estou seguro de que si as lería, se as recibise na súa casa, porque se estudar todo o texto resulta tedioso, ler un folio ou dous coas modificacións coido que non.
Todos temos recibido cartas innecesarias de ministros responsables de determinada materia, comunicándonos cuestións que son pura propaganda política, como pode ser a de que nos van subir o soldo ou pensión por mor da súa graciosa decisión e con cartiños do seu peto; cuestión que xa estamos fartos de a coñecer polos medios e comprobamos con ledizosa frustración, a fin de mes, ó ir cobrar. Da DGT nunca recibín ningunha en 40 anos de titular do carné ¿por qué?
Sen embargo para poder pórmonos ó día das modificacións do Código de Circulación algo que pode salvar vidas para iso dirannos que non hai cartos ou que temos que ir á autoescola.
Así se escribe a "responsable" historia da traxedia dos accidentes de tráfico.
Os contribuintes vémolo moi claro, doado e positivo. Se cadra, os administradores non o ven; veno difícil ou quizáis negativo para os intereses das autoescolas que sendo contribuintes acontece o mesmo ca con Facenda que somos todos, pero uns máis ca outros. Ou ¿tal vez para a propia DGT? ¡A tanto non chegarán!
Así que fagan o favor de nos remitir as modificacións que sufra o Código de Circulación para podérmolasestudar e andar polas estradas con pleno coñecemento dunha materia que tanto interés ten para todos. Gracias dende xa.

COMPARTIR
 
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009