Este non era o momento

Raquel Cordero Seijo

 06:30  

Un día calquera o Pasado e o Futuro encontráronse no presente e tiveron unas verbas.
O Pasado fachendeaba dos seus moitos anos de paso polo mundo, de ser a única opción que na realidade tiña un apoio social importante, el tiña un montón de experiencia nas súas costas e sabía que a xente non ía a confiar nun futuro que canto menos se presentaba incerto.
Así o Pasado díxolle ó Futuro: "Onde vas ti! Manifestando ter novas ideas e novas propostas, pensas que a túa mensaxe vai ter algún tipo de apoio na sociedade? A xente non vai facer caso a un tipo que ven con aires de modernidade, un tipo que non coñece ninguén e fala de cousas que vai facer pero de nada que xa fixese, eu en cambio teño a garantía da continuidade, do bo facer, a xente confía en min e non nun pobre ilusionado en cambiar as cousas, pero ti Futuro, sabes onde te estás metendo, non cres que erras no teu camino?
O Futuro, que tiña o seu pensamento cheo de esperanza, non dubidou en respostarlle: Tes razón Pasado, ti tes o peso dos anos, o peso de ser coñecido entre a xente, por ser pasado coñecemos os teus feitos e polo tanto serán valorados na súa xusta medida. Eu, pola contra, traio un novo tempo, un tempo revolucionario, cheo de novas ideas, de cambios, de iniciativas que mellorarían moito máis as cousas; eu son o porvir, teño o deber de mostrarle á xente que veño carrexando soños, enerxía, desexos…; porén ti, estás prostrado na túa cadeira de brazos do tempo, canso dos anos que xa levas no mundo e a túa mentalidade egoísta cégate e non che deixa ver máis alá.
O Pasado soltou una longa risotada e espetoulle o iluso Futuro; pero ti que te cres? Pensas que ese pulo de cambio vai traer o teu trunfo? Iso non o verán os meus ollos, eu teño a suficiente rodadura como para me manter moitos máis anos no meu apousento.
E non se equivocaba o Pasado, as tornas viraron ó seu favor e así seguimos postrados nun pasado que asentouse férreamente entre todos nós.
Adicado a todos aqueles que, coma min, pensaron que o Futuro tomaría as bridas neste mundo, coma cronoloxicamente sucede na historia, pero que moitos outros decidiron que o devenir da mesma siga estancado.
Grazas compañeiros por facerme pensar que nesta profesión aínda queda xente con espírito crítico e que non dubida en loitar por cambiar as cousas.
Confiemos en que algún día o Futuro teña o seu sitio.

  HEMEROTECA
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya