Algo está cambiando no Porriño

Lino González Fernández - Porriño

 

O día 13-10-2002 foime publicado nesta sección un artigo titulado "Porriño rico en granito, e as rúas abandonadas" no que contaba que un día fuxido dos compromisos, do reloxo, sin presa, sin coche, topábame no Porriño camiñando e dime conta que tiña as mesmas rúas que cando eu era cativo. Seguía diciendo que Porriño é rico en granito e para extraer este codiciado mineral, cométense enormes desastres ecolóxicos, producindo a vez ca venta da pedra grandes beneficios económicos que non revertían sobre noso pobo, xa que as rúas estaban abandonadas, ademais calquera concello invertía máis en pedra que o noso, o que puña en manifesto a incompetencia da corporación, sobre todo do señor Barros, que nos moitos anos que levaba de alcalde e vicepresidente da Deputación non soubo ou non quixo facer nada por Porriño. E remataba afirmando que co emprego da pedra nas rúas era o mellor homenaxe a noso veciño o arquitecto Antonio Palacios.
A maioría dos pobos teñen espacios públicos para poder pasear, Porriño pudo adquirir a fermosa finca dos condes de Ramiráns, pero a incompetencia dos rexidores estragou a oportunidade e condenouno a ser un pobo pouco atractivo.
Nestes últimos anos "Algo está cambiando no Porriño" o goberno actual ante a necesidade dun espacio de paseo, intelixentemente peatonizou a rúa Ramón Glez. e está humanizando outras rúas, levantando o asfalto do chamado "Porriño negro" (de cando as rúas adoquinadas foron emporcadas co piche) para sustituilo por pedra, ademais está facendo obras importantes como a rotonda e enlace do cruce do Costilleta-estrada a Zamans, ou a rotonda e entrada a autovía no cruce das Casillas, etc...
O certo é que Porriño está quedando realmente fermoso, e me consta que son moitos os veciños que animan ós gobernantes a seguir nesa liña, porque os porriñeses estamos gañando calidade de vida, xa que podemos pasear sen perigo, desfrutando dunhas fermosas e señoriais rúas de adoquins e louxas de pedra da zoa, o que o tempo que crea beneficios económicos que reverten no noso pobo, faino máis atractivo para ser visitado. Agora espero dos gobernantes que non se esquezan dos veciños "dala abaixo" e que humanicen os barrios de San Benito e San Sebastián que sempre fomos os eternos marxinados.
O cambio de Porriño é notorio, pero seu crecemento é impedido polo muro da vergoña que forma a vía do tren ó pasar polo medio do pobo, que ademais de dividir á vecindade ten varios pasos a nivel con e sen barreras, nos que xa morreron varios veciños e deron moitos sustos.
O soterrado ou retiro da vía do medio do pobo e unha reivindicación histórica no Porriño, e prometida polos políticos, pero só se conseguirá se os colectivos veciñais constituen unha plataforma para esixir acabar ca separación veciñal e que a zona da vía sexa para disfrute público.
Agora co AVE. é o momento de conseguir a retirada do muro da vergoña, que non lamentemos máis mortes e que a zona da vía sexa pública para convertelo en zonas de ocio, de aparcamento e de solución do tráfico, e estariamos construíndo un gran Porriño que honraría a Antonio Palacios.

  HEMEROTECA
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya