Comprendo, señora conselleira, que entre o pouco que leva, os piratas, a ampliación das augas territoriais, as enerxías alternativas que xeneran as ondas do mar, e outros menesteres que a manterán entretida, vostede non pode estar o día de toda a problemática do sector pesqueiro. Por iso prégolle me permita enviarlle uns apuntes para os seus asesores.

Para comezar, Oia é unha costa inmensamente grande e tamén rica. Temos percebes tan bos ou millores que os de calquera, ourizo, polbo, algas, muitos tipos de peixe, lamparóns, caramuxos e outras "delicatessen", que ben comercializadas darían traballo e polo tanto un gran empuxe económica a unha zona moi desfavorecida. Aínda así o noso alcalde pretende facer un día unha praia, outro unha onda xigante para surfistas, outro recuperar a camboa, outro un porto de abrigo, pero dos nosos productos non fala.

A nosa costa depende polo de agora de duas cofradías, A Guarda e Baiona. Na cofradía de A Guarda, no caso das mariscadoras de "a pe" a media de idade ronda os cincuenta anos, estas mulleres teñen que ir ó percebe, o ourizo, etc. nun mar moi perigoso para calquera. Pero moito máis si rondas os sesenta e cinco anos, cando os teus reflexos, as pernas e o corazón non son tan bos como antes, e as reumas fan que pases máis meses de baixa que activa. Habería, si me permite, que estudiar as estadísticas de baixas médicas e plantearse unha prexubilación para aquelas que tanto o están desexando, e tan merecido o teñen (en calqueira empresa se plantea en época de crisis, e aquí falamos de poucos traballadores), isto faría que as novas xeracións poideran acceder a estes postos de traballo. Esta sangue nova, con novas ideas e con máis enerxía, xa se encargaría de investigar as fórmulas para sacar adiante a agrupación que actualmente ten, (analizando a estadística dos últimos anos, no percebe, os prezos máis baixos de toda Galiza).

Non estaría de máis que sacaran dunha vez o tema do seguro de mal tempo. Na campaña pasada, si as ondas superaban uns metros durante varios días consecutivos, unha compañía de seguros pagaba por non ir ó mar. Casi non fixo falla, porque houbo poucos temporais, pero este ano levamos un monte de días sen ir ó mar, estamos a mediados de decembro e aínda non sabemos nada do seguro. Si o sacan para o verán, xa non fai falla.

Decíalle antes que a costa de Oia é grande que a levan dúas cofradías foráneas. Gustaríame pedir- lle que estudiaran a posibilidade de que os censados neste concello puideran ter un cupo de percebe por mes. Penso que as persoas que levan indo ó mar toda a vida non se lle debe sacar un dereito ganado co tempo. Si as agrupacións o organizan ben, un veciño, un carnet anual, unha cuota de gramos por mes nunha zoa marcada pola propia agrupación, creo que gañaríamos todos.

Outra das cuestións que se deberían debatir é o tema das lonxas, á hora de comercializar non sería máis convinte xuntar máis cantidade de producto para que os compradores non tiveran que andar a pasear de lonxa en lonxa, e xa postos, dende o século XII temos escritos sobre o "Mar de Oia", porque non facelo neste concello, xuntando o percebe das dúas cofradías que marisquean na nosa costa (A Guarda e Baiona), a lonxa xa está construida no centro do pobo, de momento se utiliza para gardar utensilios.

Por último, xa que estamos na época do Nadal, a dos regalos, pregaríalle que de cara o ano que ven, intentase incrementar os cursos de formación. Estará de acordo conmigo en que cunha boa educación poderíase dar a volta ós principais problemas do sector, e facer que a pesca sexa un medio de vida para os nosos netos, igual que fixeron os nosos avós con nós. Oia existe.