Como todos sabedes, no pleno do pasado 26 de novembro, a través do noso grupo PSOE, no concello presentei unha moción para que o Goberno Municipal devolva a titularía do Parque das Árbores ós veciños. Dita moción foi defendida e votada a favor de Alveos, tanto polos dous concelleiros do BNG como polos dous do PSOE, e votaron en contra de Alveos e dos veciños os do PP o Goberno Municipal.
A parroquia non debía de consentir, que uns cuantos por intereses partidistas e persoais, ou por outro motivo, nos quiten o recinto como é o Parque das Árbores, xa que o mesmo representa para Alveos moito máis que unha propiedade, é un símbolo e merece dito recinto tamén un respecto e aprecio a todos os veciños defuntos que o crearon e coidaron. Ninguén ten dereito a privar ós veciños do que sempre foi da parroquia e non do Concello, como o demostra a posesión quieta e pacíficamente desde tempos inmemoriais. Sólo uns poucos sen vergoña e sen razón fixeron e outros consentiron que o Goberno Municipal sen dicirlle nada ós veciños escrituraran a nome do concello o recinto onde, grandes e pequenas, toda a vida a parroquia fixo as festas. Uns polos votos e outros polos cartos, quitáronlle a propiedade á parroquia para poder facer o que lle interesa. Tirar co palco, cortar unha fileira de árbores, separar os recintos cun muro de metro e medio de alto e facer no parque un local, cando ó lado está o local público, pero pechado. Estou seguro que ningún goberno municipal fixo semellante desfeita como lle fixeron a Alveos. (Iso non é traballar pola parroquia).
Atrás quedaron os anos en que a directiva da Xunta de Montes e da Asociación de Veciños traballamos a reo pola parroquia. En poucos anos coa colaboración dos veciños fixéronse obras moi necesarias e de gran interés como son: o cemiterio, o aparcamento, recuperar os viñedos de Valboa, o viñedo da Moreira, as repoboacións forestais, etc, etc., foron tempos en que se traballaba polo interés de todos. Pero Rocha como non era cacique de ninguén e traballaba en defensa da parroquia e dos veciños, estorbaba, marchou Rocha e o primeiro que fixeron foi quitarlle a propiedade do Parque das Árbores e da festa ós veciños. Mentres non acabaron con todo non pararon. O pouco que quedaba tamén rematou, cerraron a cantina do local social. En todas as parroquias están a mellorar os locais sociais e cada día están os veciños todos xuntos, en Alveos é todo o contrario (así nos vai).
Espero que Alveos siga reclamando (como eu o vou a seguir facendo) que se nos devolva o parque e que fagan no mesmo melloras de conservación, non de destrución. E se non o devolven, cando veñas as próximas votacións vótenos para que poidan levar o resto.