EN DIRECTO

O CO2 e a Deputación de Pontevedra

Xosé Alfredo Pereira Martínez, O Pte. da ORGACCMM

 19:38  

A Deputación de Pontevedra, ven de propor a creación dunha especie de banco para a emisión de bonos de compensación pola producción de dioxido de carbono, ao que poden acudir os que contaminan. O primeiro que chama a atención de esta proposta "fantasiosa" e que ademais de non deixar de ser un acto voluntario, de seguir fomentando a filosofía de quen contamina paga, e non a da reducción da contaminación, e que na proposta, non se tivo en consideración as comunidades de montes veciñais en man común, que son os titulares das terras que máis absorben o CO2. Téñase en conta que 1 ha. de monte arbolado, elimina unhas 20 tn. de CO2 ó ano.
O segundo que chama a atención é que cos cartos recaudados, a Deputación de Pontevedra, contribuirá ao incremento da masa forestal. Mais, que política de montes ten a Deputación Provincial? A única política de montes que se lle coñece e a de asinar convenios de colaboración con importante montante económico con entidades forestais amigas, que despois de non se sabe moi ben en que montes se investiron os cartos do convenio. A única política de montes que se lle coñece e a de non asinar eses convenios coa Organización Galega de comunidades de montes, que foi a organización que gañou as únicas eleccións democráticas que houbo no monte (a elección do representante das comunidades de montes no Xurado provincial de Clasificación). Por certo, a este mesma organización, tamén lle negou unha axuda para a celebración do IV Congreso Galego de comunidades de montes que terá lugar no próximo mes de maio no Carballiño.
Se os montes veciñais en man común, son as terras que máis absorben o CO2, semella lóxico que os seus titulares, é decir, as comunidades de montes, reciban compensación. Mais esta compensación non deben ser mercantilista, debe ser finalista. Con esta compensación, as comunidades de montes, deberiamos: repoboar os nosos montes con especies frondosas autóctonas primando a biodiversidade, por en valor os montes de xeito multifuncional e sustantable. E a deputación provincial, faría ben en apoiar esta demandas das comunidades de montes, para que o Goberno do Estado, que é o único que ten capacidade de emisión, aceptase estas compensacións.

  HEMEROTECA
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya