farodevigo.es » Cartas
 Noticia anterior   Noticia siguiente 

Excomuñón e herexía

Xosé Mª Pin Millares - Vigo

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

O portavoz da Conferencia Episcopal española, monseñor Martínez Camino, vén de afirmar que aprobar a coñecida como Lei do aborto é unha "herexía" e leva consigo a "excomuñón". Son palabras maiores e con moita historia conflictiva ao longo da historia. O étimo herexe, do grego hairesis, significa doutrina, partido, é dicir, o que abraza un partido ou opción contraria aos dogmas de calquera relixión establecida, para un protestante ou para un ortodoxo grego, o catolicismo tamén é unha herexía.
Creo que as expresións de monseñor Camino necesitan algunha precisión, sen entrar para nada nun asunto tan sensible e esvaradío coma é o do aborto. Tentarei facelo dentro de brevidade que impón esta comunicación.
O Código de Dereito Canónico di que"se chama herexía a negación pertinaz, despois de recibir o bautismo, dunha verdade que se ha crer con fe divina e católica, ou a dúbida pertinaz da mesma" (canon 751). Daquela, a herexía non é un acto de desobediencia a unha decisión do bispo ou do papa, nin tampouco "insubmisión" ás orientacións dos bispos, non se refire á "obediencia aos bispos", senón á aceptación da fe divina e católica, ou sexa, o que Deus revelou e a Igrexa propón como tal (Concilio Vaticano I), polo tanto, o aborto soamente sería herexía se se considera coma unha verdade de fe divina e católica. De certo que Deus prohibe matar, non soamente aos non nacidos, senón a todo ser humano, pero a Igrexa nunca declarou herexes aos que admiten a pena de morte ou a aqueles que provocan guerras con milleiros de mortes, aínda máis, durante séculos os clérigos consideraron coma un deber condenar a morte a herexes, homosexuais, infieis, bruxas e meigas.
Sobre o momento no que un embrión empeza a ser "un ser humano" non hai consenso nin na comunidade científica, nin na comunidade de crentes. Polo demais, o Parlamento non vai impoñer a obriga de abortar, unicamente vai regular para crentes e non crentes, para cidadáns, as condicións nas que as mulleres que decidan interromper o seu embarazo poidan facelo en circunstancias menos perigosas, traumáticas e inhumanas.
O canon 1331 do Código de Dereito Canónico entende por "excomuñón"a privación da comuñón sacramental, participar en cerimonias de culto sagrado e desempeñar cargos eclesiásticos. Xesús nunca excluíu a ninguén da súa mesa, nin tan sequera a Xudas. Xa nos primeiros séculos da Igrexa se introduciu o costume de prohibir a comuñón a pecadores "escandalosos", é dicir, públicos e notorios, non consta que a "vida privada" dos cristiáns fose motivo de exclusión da Eucaristía. Parece evidente que a interrupción do embarazo nos comezos da xestación hai que situalo no ámbito da privacidade da persoa.
Nun asunto tan complexo hai que escoitar aos entendidos en bioloxía, en medicina, en dereito e noutros campos do saber. Como é lóxico, eu limítome a expoñer, de forma bastante elemental e seguindo voces moi autorizadas, o sentido dalgúns termos que se manexan na declaración de monseñor Martínez Camino.

COMPARTIR
 
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009