farodevigo.es » Cartas
 Noticia anterior   Noticia siguiente 

O noso rector ¿é vigués?

Antonio Díaz

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

Todos sabemos que a Universidade é unha institución de primeirísimo orden para o desenvolvemento dun pobo, dunha rexión ou de calquera área socioeconómica, neste caso importantísima para a área de Vigo e do Sur de Galicia. Tan importante que a súa creación marcou un antes e un despois na vida desta cidade.
Pois resulta que a Universidade de Vigo ten un rector, pero dase o caso que este home non debe ser vigués ¿ou sí?
Pódese ser vigués de nacemento ou de adoución pero sobre todo ese vigués de corazón, o que significa querer a esta cidade con paixón, defendela sempre e loitar polo seu engrandecemento e esplendor.
Polo visto, e polo que está a acontecer nestes intres, habería que preguntarse seriamente pola verdadeira identidade do tal rector, xa que cando outros están poñendo no asador tódala carne e máis (e non só no ámbito que nos ocupa) loitando polo seu, este home bendito está no limbo dos xustos a velas vir, pois nin arre nin xo.
O rector coruñés vemos que está un día sí e outro tamén saíndo nos medios de comunicación reivindicando o que el considera un obxectivo irrenunciable que non é outro que conquerir a Facultade de Medicina, sabendo como sabe que é en Vigo onde primeiro debe ter o seu emplazamento a Facultade de Medicina do sur de Galicia e non noutro sitio do norte onde xa teñen a súa. E por se fora pouco este argumento é tamén un obxectivo irrenunciable para a Universidade de Vigo porque con moita antelación xa leva pedindo a nosa universidade. Sen embargo a voz de Vigo neste eido parece ter unha afonía crónica e irreparable xa que non se lle escoita, nin está nin se lle espera.
Resulta igualmente chocante que no tema de Empresariais despáchase este home cunhas declaracións seráficas que a todos nos deixaron abraiados, en vez de defendelo a capa e espada.
Por todo, estou a pensar se non será un infiltrado coruñés na institución viguesa, posto a propósito no cargo para que os do norte poidan levar unha vez máis o gato ó seu terreo sen oposición algunha e favorecendo así os seus intereses.
¡Cando aprenderemos a defender o noso sobre todo asistíndonos toda a razón do mundo! Se loitas, podes perder pero se non loitas estás perdido.
Polo tanto do mesmo xeito que hai uns días un comunicante o facía neste mesmo diario do FARO DE VIGO, pido que se lle dea ó rector da Universidade de Vigo un suspenso cum laude pola nula defensa que está a facer dos intereses de todos nos medios de comunicación.

COMPARTIR
 
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes