farodevigo.es » Cartas
 Noticia anterior   Noticia siguiente 

Salarios na universidade

Xosé Cabaleiro González, secretario Comarcal CIG Admón. Pública - Vigo

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

Hai cousas que non teñen ningunha explicación. Por moito que se empeñen, pois non, non teñen explicación, polo menos unha explicación lóxica, porque, evidentemente, as retribucións, expléndidas e xenerosas retribucións das que gozan e disfrutan, sonlle moi xenerosas.
Retribucións, por certo, autosignadas, porque a verdade é que da gusto, iso de poñerse un mesmo o seu salario non está nada mal, pero que nada mal.
Bueno polo menos recoñece o escandaloso de eses gastos, cando, públicamente, recoñece que foron unhas semanas amargas, pois si estivera convencida da xusteza e ideonidade de eses gastos neses soldos, non tería porque amargarse ¿ou si?, outra cousa é si, efectivamente vostedes se avergoñan deles, e polo tanto lle sentou moi mal que se soubesen, iso si que xa sería outra cousa, que máis ben parece, ¿non?
¿É unha acusación facer públicos uns salarios? Nas informacións saídas nos diferentes medios, ninguén cuestionou, ¿ou si?, si o traballo estaba ben ou mal feito, claro vostede, a primeira interesada, así o defenderá, faltaría máis.
Pero efectivamente, vaiamos ó grao:
Parécenos absolutamente indiferente si os salarios veñen dende 2005, tanto o salario da xerente como dos vicexerentes e en comparación cos salarios do resto do persoal da Universidade, seguénnos a parecer de escándalo.
Si esas retribucións están por debaixo da media da do resto do estado, quere dicer que a cousa inda é máis grave e o "escándalo inda é máis grave do que parecía, en todo caso sería bo que se deran algúns datos, ¿non?, ou non interesan.
É posible que o seu balance sexa positivo, so faltaría, para eso se lle puso aí, ¿ou non?, en todo caso é de supor que nese balance algo terán que ver o conxunto de traballadores e traballadoras de esa universidade, ¿ou non?, por certo, con salarios moito máis "normais".
Efectivamente, a razón de ser da Universidade, entre outras cousas, son a docencia e a investigación claro, ¿e que ten que ver esto coa información, e, ou denuncia inicial?
Para ir rematando, ¿cales son os datos falsos?
Nen vostede nen o seu "equipo" detrás do que, por certo se esconde, son a Universidade, ou tamén quere apropiarse deso, vostede non é a Universidade, vostede non é máis que unha peza desta, peza por certo moito cara.
E a sociedade recibiu unha información veraz e real, e agora a sociedade ten información para valorar si os seus impostos están ou non ven invertidos ou gastados, e visto o visto... ¿vostede que opina?

COMPARTIR
 
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes