En octubre do 2006, Oia non dormiu, casas derribadas, baixos anegados, muros caídos…, daquela o noso alcalde nin sabía manexar o mobil (para avisar a ambulancia e desaloxar a unha ancian, tivemos que chamar outros). Casi todo se perdoa, a xente co tempo aprende e se corrixe. Pronto un monte de obreros de Tragsa, as palas de todo o concello, e casi todas as empresas de construcción, puxeronse as ordes de tan insigne "ingeniero" i en tres meses lavouse a cara a casi todo o concello. Pontes inundables, taxeas, o monte parecía o centro de Vigo con tanto camión tanta pala e tanto operario. Aínda así manifestacións en contra da xunta, protestas de que non enviaban cartos, etc. Pois un ano e un mes despois, o 21 de novembro do 2007 volveu a pasar o mesmo. A gasoliñeira e algunhas casas inundadas, as palas a intentar desatascar taxeas, os operarios do concello as casas de algún veciños a axudalos como podían. Estaba claro de que as cousas no estaban ben feitas, aínda así o noso rexidor e a súa cuadrilla deixaron o monte (solo van a el a mirar o seu gando e pasear co camión de urxencias que nos regalaron a xunta e máis a comunidade económica europea).
Estaba visto, volveu a pasar o mesmo, baixos e casas inundadas, muros caidos, (muitos deles construidos despois das primeiras riadas) veciños desaloxando de madrugada as suas vivendas, unha das duas casas de turismo rural que temos no concello incomunicada porque un muro dos que caiu taponou o camino de acceso. De todas maneiras a mañán, as palas e o camión da mancomunidade estaban a votar zahorra o redor da plaza de abastos de Sta. M.ª de Oia en vez de estar a limpiar camiños.
Isto todo é evitable, Sr. Alcalde non e normal que o día 22 de novembro do 2007, enriba dunha taxea que cruza a única carretera nacional que pasa polo noso concello, enfrente da única gasoliñeira que temos en Oia, uns operarios poñan unas barreiras plásticas provisionales, e estas, un ano e once meses despois, aínda estén ahí. Non é normal, despois de vender (casi regalar) a madeira queimada dos nosos montes, os madeireiros sigan talando e deixando as ramas que pudran no monte, e o que dende logo é moi anormal é que os operarios do concello se adiquen a limpiar entestadas e regos de algúns vecinos. Hasta fai ben pouco cada un limpaba diante do seu, o que fixo vostede con este favoritismo de limpiar a conta dos nosos cartos é malacostumbrar a algúns.
Non é toda a culpa sua, todos o sabemos, pero vostede foi reelexido con mayoría absoluta para representarnos a todos os vecinos de Oia, intente defender os nosos intereses, deixese de intentar facer praias, olas xigantes para surfistas, campos de fútbol con cespede artificial, e traiganos auga municipal potable, boas comunicacións, preocúpese dos camiños, intente que se restaure o mosteiro, e dende logo procure que a Oia non solo se a coñeza pola "maría" e as riadas. Oia existe.