EN DIRECTO

Crítica ó pésimo sistema educativo

David de la Iglesia Giráldez y 12 firmas más

 22:56  

Hoxe en día, e aínda que non semelle crible, o sistema educativo non funciona correctamente. Sabémolo, porque nós, alumnos de segundo de bacharelato científico dun instituto de Redondela, somos uns poucos dos moitos afectados.
A principal causa é o cambio improvisado das leis e a súa posta en práctica. Facer e aplicar unha lei non parece en sí mesma unha tarefa sinxela; pero pensamos que para paliar as dificultades se debería contar con persoas inmersas no proceso educativo, e que as leis non fosen feitas por persoal completamente alleo ó sistema e o seu funcionamento, persoas que previsiblemente levan un bo tempo sen pór un pé nunha aula.
Un exemplo é que boa parte das materias cursadas non pertencen ó noso ámbito, e vémonos obrigados a cursar a metade de asignaturas de letras, mermando así a calidade da educación científica, que é a que nos interesa. Faltan horas para as asignaturas que cursaremos no futuro.
Ademáis, e por se esto non fora pouco, este ano temos unha nova asignatura: "relixión", en segundo de bacharelato!… Como temos tanto tempo… imos perder un pouco máis. Pensamos que o tema da relixión non debería ter cabida nun sistema educativo que se recoñece constitucionalmente como laico. Quen queira rezar que vaia a igrexa!
Por outra banda, atopámonos con que un mes despois do comezo de curso, a mediados do mes de outubro, confirman a nova lei. Esta norma atribúe os institutos a decisión de se permite ou non que os repetidores asistan como oíntes as clases das materias superadas e négalles a posibilidade de subir nota. Ademáis ó inicio do curso compraron libros para asignaturas das que a lei non lles permite ser alumnos, co conseguinte despilfarro económico nestes tempos de crise.
Este problema tamén afecta ó profesorado, todos os días desfilan ante nós profesores estresados polos los cambios na proba de selectividade que repercute na súa materia. Como se xa non tiveramos bastante, agóbiannos máis.
Por último decir que continuamente "se vende" que buscan un alumnado mellor preparado, pero onde están os medios? Parece que a realidade é outra: moitos titulados, menos preparados.

  HEMEROTECA
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya