Seica as autoridades competentes darán un millóns de euros para arranxar as casas polas que pasa o camiño de Santiago. Alégrome por Sarria, Melide e ata por Arzúa. Pero claro, non todos vivimos a carón do camiño francés. Por riba, ós peregrinos gústalle moito máis ollar os galpóns adosados con ladrillo cara vista sobre pedra. E todo isto coronado cun bo cascote de uralita rachada. Descoñecese se estas axudas valerán para os que vivimos en Coia, Cangas ou Carballiño. Polo que eu sei o camiño francés non pasa polo meu barrio. Bueno, cicáis sí. Porque se todos os camiños levan a Roma pois tamén poderán ir indo a Compostela, non?. Pero claro, aquí so importa ter bonito o camiño de Santiago e a cidade da cultura. ¡Qué cousa máis linda!. O resto é monte pra queimar. Xa se sabe, ano xacobeo, ano de saco cheo...