Os seus coñecementos de inglés, tíñano sempre o día das novidades mais salientables do mundo da medicina. El traia consigo o faladoiro de cada día, na desaparecida Cafetería Lido da Gran Vía, o seu American Journal of Medicine, que lía cunha distracción pracenteira.
Pero unha das grandes afeccións de Testa, que nunca deixou de sorprendernos, ademais da música (tocaba a trompeta) e a zarzuela, foi o estudo e cultivo das "bananas", ata o punto de facerse un gran esperto neste tema. Estudara todo o concernente a adaptación e situación climática das bananas, e sempre nos dicía que, o contrario do que se pensaba, había especies que se daban en climas fríos. Grazas o seu asesoramento pódense mostrar cultivos de "bananas", perfectamente aclimatados na nosa cidade.
Coa desaparición de Testa, a cidade queda orfa dunha persoa singular e amigo de personas sinxelas e necesitadas. Sempre axudou a eses personaxes bohemios como pintores e cantantes, que compartían con el a noite viguesa. Con toda seguridade foi tamén o derradeiro médico bohemio da cidade, o que sempre atapábamos nos sitios por el frecuentados, que case que sempre eran os mesmos.
Como ben dicía o Dr. Letamendi un insigne médico catalán: "O home que soamente sabe medicina, nin medicina sabe". Testa, sabía moita medicina, pero dedicouse a outras cousas e valorou sempre contar con tempo libre que lle permitiu percorrer o mundo e gozar da vida. Sen embargo, a norte sempre chega mais cedo do que un poida imaxinarse.