Por alusións persoais gustaría, se mo permiten, aclararle brevemente uns aspectos a Pedro M. Larrauri en referencia á súa carta do luns 2 de novembro na que defendía o uso exclusivo da toponimia en castelán por parte da OCU nas súas publicacións.
Son o socio número 1788241-16 desta organización asemblear que, segundo recollen os seus estatutos, cada 4 anos se renova e na que todo asociado pode optar a ser parte da Directiva. Pero os estatutos non indican que so se usen as toponimias en castelán polo tanto se non usa o galego para referirse aos pobos e vilas galegas e simplemente por unha decisión persoal tomada pola Directiva en cuestión.
Na lei de Normalización indícase, con moi bo criterio, no artigo 6 que todo comunicación pode ser en castelán ou galego pero no artigo 10 establécese que os topónimos oficiais serán so en galego, como ben recolle posteriormente o texto da Lei 2/1998 aprobaba polas "Cortes Generales de España en Madrid" para establecer a toponimia oficial das provincias en galego.
Sorpréndeme e estráñame que, segundo cometa Pedro, a RAE recolla o nome do concello "Sanjenjo" como forma válida en castelán pois non ten esa potestade, pero en tal caso sería "Sanginés" (sic). Aberrante, non si? E reafírmome en que as contestacións recibidas pola OCU foron de "intolerancia, intrasixencia, autoritarismo e prepotencia" pero correctas e amables nas formas empregadas (todo aquel que queira lelas pódemas pedir a miguel@ribadavia.org).
A miña petición non era nin de eliminar o castelán e poner so o galego senón que os invitada a que usaran as dúas formas pero a contestación final foi "no vamos a debatir sobre esto" y siempre tendrá la opción de optar por otro colectivo.
Conclúo, en contra do que afirma Larrauri, en que os galegos si temos dereito a que se poña a nosa toponimia en galego e pode que o debate si estea na rúa pois senón nos non estaríamos a falar destas cuestión.
Xulgen vostedes mesmos…