A OCU (Organización de Consumidores e Usuarios) viola e quebranta sen pudor e sen importarlle o máis mínimo os dereitos lingüísticos dos consumidores e usuarios galego.

Son socio dende fai moitos anos da OCU e un día dinme conta de que usaban totalmente errónea toponimia ancestral e oficial galega dos pobos, cidades, vilas e provincias galegas e so usaban os vocábulos casteláns.

Púxenme en contacto con eles para pedirlles se podían usar tanto os topónimos en castelán como os galegos para referirse aso lugares de Galicia, cousa que considero xusta e seguindo unha postura amable e conciliadora.

Ante esta cuestión contestáronme rotundamente que non pois facíano para preservar os dereitos dos socios e que co castelán chegaba para que souberan e entenderan a que lugares nos referíamos (aínda que non me imaxino que pasaría se a O Carballiño lle chamaran ´El Roblecito´ ou se alguén pode crer que se chamamos Ourense a ´Orense´ alguén non sabería se estamos a falar dunha provincia galega ou un algunha cidade belga) e baseándose en que o seu ´libro de estilo editorial´ primaba que se usara so o castelán.

Pedinlle como socio desta asociación, que eu achaba que era democrática, que me indicaran como podería iniciar un procedemento para intentar modificar ese ´libro de estilo´ e dixéronme que levaban moito tempo con esa liña editorial e por un ou dous iluminados galegos non ían iniciar un proceso, que nin tiñan establecido, e que se non estaba contento con eles que me fora da asociación (conservo os emails que lles enviei e recibín por se alguén quere contrastar a información)

Podedes imaxinar cal é o meu estupor se ata unha propia asociación de defensa dos consumidores ante unha simple cuestión de usar os dous idiomas oficiais que hai en Galicia (establecidos na propia Constitución Española) para os pobos galegos che contesta coa intolerancia, intransixencia, autoritarismo e prepotencia propia de quen se cre coa verdade absoluta. Unha pena para tódolos galegos falen o idioma que falen...