A pluralidade de pensamiento no seo do BNG, sendo unha cualidade fundamental, é que o diferenza da maioría das organización, isto conleva que moitas veces os desencontros e lamentablemente a veces de xeito interesado recale con facilidade na opinión pública, como nesta ocasión con Quintana por haber aceptado participar como contertulio da cadena Cope.

A pesares de non formar parte da "corrente quintanista", na miña modesta opinión son contrario ás críticas que se lle fan a Anxo, por considerar que estase a utilizar a discrepancia que podemos ter con esta cadena de radio para deslexitimar a mensaxe que nas ondas ofrece o compañeiro.

Pretender que as nosas reflexións políticas cheguen o maior número de cidadáns é un deber de calquera militante. Os que somos impuros sabemos o que é compartir día tras día, ano tras ano, o traballo social con outras persoas organizadas no pensamento único. De non ser así, mudaríamos a sociedade?

Por elo, deberase valorar como non negativo que un medio, neste caso declarado ultra-conservador español, permítanos emitir a nosa posición política a unha audiencia que precisamente carece moitas veces da obxectividade necesaria como consecuencia desa escasa pluralidade nas súas informacións.

O BNG é un Proxecto Común de persoas e colectivos organizados que temos un mesmo cometido, loitar polo País dos mil ríos, sexa o Lagares ou o Miño…, as augas que a eles achéganse proveñen de ambas veiras, e todas van en busca dun mesmo denominador, Galiza.