O sobriño da miña amiga Pilar ten nove anos e, coma os de case todos os rapaces galegos de hoxe, os seus avós naceron e medraron nunha aldea. O pasado domingo pregunteille: "Ti sabes de que cor é a bandeira galega?". "Ni lo sé ni quiero saberlo", respostoume. "E a española?", insistín. "Roja, amarilla y roja", contestoume farruco. "E por que non queres saber de que cor é a galega?", volvín ao ataque. "Porque no me gusta el gallego", enfatizou el para rematar a conversa.

O sobriño da miña amiga non é ningunha excepción, senón un exemplo máis dunha situación xeralizada entre cativos e maiores: o (auto) odio ao galego -iso que Núñez Feijóo chama agora "o bilingüismo cordial"- e do que, por suposto, non ten culpa a política lingüística do bipartito: ao sobriño da miña amiga tampouco lle gustaba o galego hai catro anos e dicíao coa mesma fachenda.

Estamos perante unha traxedia que ven de lonxe e na que o actual Goberno galego está a profundizar.