EN DIRECTO
Tribuna Libre

O exemplo de Ezequiel e o Xacobeo

Xabier Alonso - conselleiro de Deportes

 23:30  

Tal vez non gañe e quede ás portas dunha gran vitoria, ou simplemente haxa outros ciclistas un punto por enriba, pero como afeccionado a unha disciplina tan esixente e concelleiro interesado en que o deporte de base saiba atopar os espellos adecuados, sen cóncavas distorsiones, Ezequiel Mosquera enganchoume á súa esforzada roda. O líder do Xacobeo Galicia amósase como unha desas figuras que, no bico dos pés, encantan. Sen estridencias, sen necesidade de facerse notar, Mosquera forxou o seu currículo pegado a un manillar e dúas rodas e adicando unha vida a unha profesión onde a dureza vai irmanada co sacrificio e na que a prepotencia ou a falta de humildade non abren paso na estrada.
Mosquera parece desas xentes feitas doutra pasta, indiferentes ao desalento. Repúxose dunha forma extraordinaria da súa caída días antes do Giro de Italia como se refixo na masiva "montonera" de Lieja. O de maio foi un pau serio: unha fractura na boneca esquerda apartouno da saída do Giro, unha das tres grandes, xusto no momento clave da súa carreira: cuarto na Volta de 2008, a rolda italiana era o seu exame para acadar un recoñecemento internacional. Con todo, o de Teo soubo reporse e volver á competición pouco máis dun mes despois. Sen alardes, sen machadas. Como é el.
Nesta Volta 2009, este corredor galego volveu a depositar todas as súas ilusións para facer un bo papel. Aínda que Mariano Rajoy exprese en polo menos dúas ocasións que o seu favorito é Valverde, a miña análise segue colocando a Ezequiel con opcións. É o que sinto. Os líderes fórxanse sobrepóndose aos momentos de zozobra. A semana pasada, a súa caída na cidade belga tentoulle dar outro "crochet" anímico: golpe na cadeira e no nocello, nunha xornada con outros dous ciclistas do Xacobeo mancados, o porriñés Gustavo Domínguez (corte na perna dereita) e o arousán Gustavo César Veloso (mazaduras). Baixou a cabeza? Non. Erguéuse, do mesmo xeito que os seus compañeiros. E todos festexárono con vitoria de etapa para Veloso. Falta moita Volta e Mosquera segue obrigándome a quedar pegado á cadeira para ver cada etapa. Sen divismos, sen oportunismos, Ezequiel sóbese á bicicleta cada día tentando dar o mellor, podendo dicir ao termo da xornada que se baleirou polo seu deporte sen reservas, e que mañá volverá levantarse coa mesma enerxía. Exemplos como este son os válidos para unha mocidade en formación que necesita claras mensaxes de que o traballo e a constancia resultan fundamentais para calquer deportista. Aderezado con dose de humildade, como no caso de Ezequiel, teremos a unha xeración futura máis responsable e comprometida para afrontar os retos da vida. Mentres, o Xacobeo segue sendo un exemplo rodante dos valores do deporte: entrega e sacrificio. Non os perdamos.

  HEMEROTECA
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya