EN DIRECTO

Volvendo as andadas

Agustín Rial González Funcionario del Ayuntamiento de Nigrán y Miembro de la junta de personal Nigrán

 21:04  

E xa van …, non sei cantas veces, xa perdín a conta; resulta que se ven escoitando últimamente a algún membro do Goberno de España, dicir que sería bo conxelar o salario dos funcionarios para o ano que vén. Paréceme estupendo, sobre todo porque este feito comportaría a conxelación das nosas hipotecas,impostos, etc.; aaaah non, iso non, as hipotecas seguirán ao seu ritmo, á súa bóla (como se di agora); pois iso xa non esta tan ben, entre outras cousas, porque intentar arranxar a maltreita economía do país á costa dos de sempre é moi fácil (iso faime lembrar algún funcionario do grupo A cando un alcalde lle di "preparame un orzamento austero" e vai o iluminado e o que fai é recortar, si, recortar en todo menos no que lle toca a el). Eu aínda nunca escoitei dicir a ningún político que se rebaixarían os soldos destes, ou que se deixasen de cobrar as asistencias a comisións, nin nada parecido e é que hai que lembrar, que os señores da clase política están aí porque eles queren estar (nós é do que vivimos), porque queren encherse os petos á costa de todos os cidadáns e ademáis despois de acabar a súa "carreira" política lle queda unha especie de soldo vitalicio, ten narices; e agora véñennos con esta indecencia, porque para min e para moitos traballadores (non só funcionarios) isto é unha indecencia, como indecencia paréceme que o salario mínimo dun traballador sexa de 624 euros mes e o dun deputado 3.996 euros mes podendo chegar con dietas e outras prebendas a 6.500 euros mes; indecente é que os políticos se suban as súas retribucións na porcentaxe que lles pete, (sempre por unanimidade de todos os partidos, por suposto e ao inicio da lexislatura).
Indecente é comparar a xubilación dun deputado e o dunha viúva. Indecente, é que un cidadán teña que cotizar 35 anos para percibir unha xubilación e aos deputados lles chegue con sete e os membros do goberno para cobrar a pensión máxima só necesiten xurar o cargo.
Indecente é que os deputados sexan os únicos traballadores deste país que están exentos de tributar un terzo do seu soldo do
IRPF; indecente é que as súas señorías cando cesan no cargo teñan un colchón do 80% do soldo durante 18 meses … e así poderíamos seguir durante horas; pero o que xa é para partirse de risa, é que por rriba de todo iso, nos dígan que van a subir os impostos, porque hai que ser solidarios; como din nunha serie televisiva "… pero que gentuza".

  HEMEROTECA
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya