Hai un mes, a prensa fíxose eco dunha enquisa sobre a posibilidade dunha federación entre España e Portugal.
Máis aló dos resultados, chama a atención a ´normalidade´ con que se fala desa posibilidade e mesmo coa que se apoia, e o tabú que segue a haber sobre outra posible federación: a de Castela, Galicia, Cataluña e máis o País Vasco. Máxime cando a ninguén se lle escapa que unha posible federación con Portugal só tería sentido se ese pacto abranguese tamén as outras tres nacións que, xunto a Castela, conforman España.