EN DIRECTO

¡E dalle con Cuba!

Balbino Pérez Bellas

 21:10  

Foi no imprescindibel Faro do día 13 do mes de xullo no que se informaba da publicación do libro escrito polo Sr. D. Vicente Botín, lindo apelido acorde co bo rendimento económico que vai acadar co seu libriño poñendo a parir á Revolución Cubana, como si esa fermosa illa, ademáis de ser expoliada, invadida, conquistada e masacrada polos reixes de Castela, despois polo Imperio Ianqui, todo elo sumando casi 500 anos, ven o Sr. Botín e caña ao mono sin contemplacións e sin ter en conta en qué circunstancias chegouse a producir esa, para min, necesaria Resolución. Viva a liberdade de expresión, liberdade de escribir barato, tendencioso e rendibel.
O Sr. Botín nin sequera ten en conta, para ser tan rotundo, o que leva padecido a illa grande co bloqueo ben coñecido, casi único na historia da humanidade, causando danos de vergoña para os seres humanos. Centos de miles de mortos, especialmente criaturas e persoas maiores, centos de miles e millóns de dólares en danos directos e colaterais, etc. e vostede pluma de silencio.
Ademáis, vostede toma ao pobo cubano como si fora un rebaño de estúpidos, sumisos e ignorantes que non saben que vida acadarían si non seguirán adiante con esa machacada e exemplar Revolución, facendo, iso sí, as precisas reformas revolucionarias para mellorar todo o mellorabel.
Mais para iso tamén é preciso que o Imperio retire unha vez por todas a bota criminal de enriba deste dignísimo pobo e poida respirar como calquera pobo do planeta, e así tamén saberíamos que futuro real terá esa Revolución.
Eu teño 80 anos e estiven por primeira vez en Cuba por fináis de 1956 e poido asegurar que o ouro corría polas rúas da Habana, mais solo unha "pequeñísima" porcentaxe dos habitantes da illa beneficiáronse daquela inmensa riqueza, e non vou aclarar de onde viña esa riqueza. A través de todos estes anos mantiven contacto con Cuba, e ademáis, polo meu traballo, coñezo moi a fondo casi todos os pobos do continente americano. Malo é ve a palla no ollo e non a viga no propio.
O chamado noso primer mundo moitísimo ten que rascar e non digamos en tantos estados vecinos da maltratada Cuba. Sr. Botín, escribir de todo iso non é redibel e ademáis fica censurado subliminalmente.
Sr. Botín, tamén eu podería pontificar e decir que a maior mentira da historia é o Capitalismo, que é, por suposto, un fracaso que transformou aos seres humanos en "Kramer contra Kramer", e convertiunos en devoradores de nos mesmos. As resolución, dende a francesa, a mexicana, rusa, cubana, etc. sempre tiveron a intención de buscar unha sociedade humana, solidaria, culta, igualitaria, ecolóxica, non consumista, e agora sabemos que ou construimos esa sociedade planetariamente ou seguirán cabalgando os catro xinetes do apocalipsis por este planeta azul que pouco a pouco acabará sendo un planeta de luto eterno.
O maior éxito da Revolución Cubana é que, a pesares de todo o que fixeron contra ela, ainda exista.

  HEMEROTECA
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya