Protección Civil de Salceda de Caselas

Daniel José Pérez Justo - Salceda de Caselas

 21:38  

Grazas querida compañeira:
Grazas por ser como eres; unha persoa altamente capacitada, nos teus case 6 anos de dura preparación profesional. Preparación que che serviu, sen duda, para rodearte dos medios de información pública e utiliza-los equivocadamente no teu beneficio.
Querida compañeira, cos teus comentarios públicos, non fixeches máis que poñer en evidencia a túa propia personalidade, descarada e con alta capacidade de mentir, cando che apreta a impotencia de non haber sido elexida por 6º ano consecutivo para un posto serio e responsable dentro da Protección Civil que ti mesma demostras coas túas maneiras que che quedan demasiado grande.
Non se pode enganar á opinión pública facendo saber que este mesmo comentario (o que publicaches), xa o tiñas preparado para facelo o ano pasado, pero como foches elexida, unha máis, en aquela ocasión, gardaches silencio ata hoxe por beneficio propio.
Querida compañeira, as inxustizas, si realmente non son un engano, habría que sacalas á luz no seu momento, e non esperar todo un ano para ver que sorte che toca, como a mesma non foi do teu agrado, pretendiches aplastar a todos os teus compañeiros (que non somos políticos), no fango da túa propia ignorancia.
Durante 6 anos preparácheste seria e sacrificadamente para lograr a túa profesionalidade de hoxe, con moitos cursos compricados.
Dirémosche humildemente que ó mellor neste caso non mentías.
Pero como ti dixeches, éramos todos incapacitados e non podíamos estar ahí o teu mesmo nivel.
Dirémosche que nos houbese gustado que toda a túa experiencia a volcaras a ensinarnos cómo movernos dentro das emerxencias, e o único que fixeches foi axudar a golpearnos sós, e co máis duro (vidas humanas e incendios).
Isto faino-lo unha persoa coa túa preparación ¿verdade? Pero non te preocupes querida compañeira, porque sacrificando con moito gusto oito fíns de semana fixemos todos os cursos que ti fixeches en 6 anos, non nos puxeron por encima, pero sí a túa mesma altura profesional.
Querida compañeira, dirémosche que os once que estivemos contigo traballando sentímonos moi orgullosos de haber cumprido moi humildemente coa nosa comunidade.
Tamén queremos agradecerche que nos hallas enganado cos teus exemplos diarios, todo o que non se debe facer no profesional e no persoal.
Atentamente, os teus compañeiros do Grumir 2008-2009.

  HEMEROTECA
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya