Paseando recentemente polo camiño que bordea o Parador de Baiona, amáis de contemplar unha panóramica tan espectacular como calquera viandante pode intuír ou comprobar, decateime de que, a diferencia doutras - moitas -ocasións nas que tiven o pracer de satisfacerme con tal deleite, actualmente o tal paseo está caracterizado por un chan empedrado que contrasta coa outrora rota agreste, na que a terra en estado puro permitía situármonos na esencia de tal marco natural.
Ignoro de qué administración é propiedade este recinto privilexiado, mais moito me tomo de que, sexa cal fose o negocio das "infraestructuras" pode co marco estético que adoitabamos contemplar ata hai ben pouco.
Como na Alamade de Santiago, aquí tamén se sucitou a polémica entre deixar un espazo de ocio tal cal permeneceu herdado, ou ben contribuír quen corresponda co seu "pegote" urbano para mellor pasar á historia.
E non son casos aillados. Galicia está ateigada de aldraxes urbanísticas que esvecen os nosos encantos naturais.