As persoas e familias que temos o noso coidado persoas dependentes ainda hoxe, día 14 de agosto, continuamos a espera de que se nos faga efectivo o pagamento do mes de xullo.
A miña familia e mais eu chamamos a cinco teléfonos de dependencia distintos e nos informaron dicindo: "que non sabían o que pasara", "que se era problema dos bancos", "que os cartos xa sairon de Santiago", "que foi un problema informático".
O goberno anterior pagaba o día 7 de cada mes, dende que entrou Feijóo e o PP xa pasaron a pagar os días 10, e este mes, continuamos agardando, supoñemos que isto e o que o PP entende por política de austeridade que coma sempre fan os gobernos de dereitas, dedicanse a recortar pouco a pouco os dereitos dos cidadáns, icluidos os recoñecidos por lei.
Son patéticos e carentes de sensibilidade humana.