DEPORTE
Gondomar

Siglas políticas e mocións de censura, desde Gondomar

José Carlos Moreira

 21:51  

As siglas dos partidos políticos funcionan a modo parapeto, xa que permiten agacharse detrás delas a calquera individuo, para cruzar o túnel das eleccións. Unha vez conseguida a acta correspondente, ésta convértese nun auténtico cheque en branco, onde o personaxe de quenda só lle ten que poñer a cantidade. Por iso é moi importante que os partidos políticos coiden moi ben quen se lle esconde detrás das siglas.
As mocións de censura están consideradas na lei electoral para casos extraordinarios. Eses casos extraordinarios, se non existen, pódense crear. Por exemplo, imaxinemos: un concello cun equipo de goberno en minoría e un alcalde investido como resultado dun pacto supramunicipal. Para os grupos da oposición salvaxe e destructiva, sen importarlles o mais mínimo os intereses dos cidadáns, o único obxectivo é paralizar calquera acción de goberno, porque saben que, co mínimo apoio, ese goberno en minoría pode crecerse nas próximas eleccións. Se a pesar de todo, o equipo de goberno emprende varios proxectos, que poden dar os seus froitos ao final da lexislatura, entón pasan ao plan B.
Plan B, ou tamén chamado "Os pirómanos metidos a bombeiros", é dicir, presentar unha moción de censura xustificándoa na parálise que padece o municipio. Ademais desta forma serán eles quen se colguen as medallas dos proxectos iniciados e que darán os seus froitos ao final da lexislatura.
Para iso, non teñen escrúpulos en unirse: condenados por prevaricación en sentencia pendente de recurso, inimigos íntimos, promotores frustrados supostamente estafados, tránsfugas, arrepentidos que se dan de baixa das siglas para superar o pacto antitransfuguismo, etc. Todos eles, aparentemente unidos, para defender os intereses de todos eles.
Preguntados din que, é o que o pobo lles pide, iso si, dunha forma oculta, porque a pleno berro e polas rúas, a xente o que lles pide é que retiren a moción, pero os que practican o ocultismo só escoitan a quen permanece oculto.
A pregunta é: Que lle pasa á xente nalgúns pobos da nosa xeografía? Non se decatan? Dalles igual? Son partícipes? Miran para outro lado? Teñen medo? Eu non o sei.

  HEMEROTECA
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya