DEPORTE
Tui

Lembrando a xesta de Enrique Míguez

Oscar Novás Pereira

 21:52  

Fai 25 anos un rapaz de Tui facía historia. Enrique Míguez Gómez xunto co pucelano Narciso Suárez conseguían a medalla de bronce nos Xogos Olímpicos dos Anxeles´84.

Esa mañá, todo Tui foron murmullos ou berros colectivos ¿quen é ese rapaz? ¡que grande!, ¡medalla olímpica!, esa mañá un veciño descoñecido convertírase en menos de dous minutos en todo un heroe para toda unha xeración á que pertenzo.

Se o piragüismo hoxe é en Tui o que é, foi grazas a esa medalla. Unha xeración de tudenses decidimos que o noso deporte non era o fútbol ou o basket senón o piragüismo que practicaba Enrique Míguez, ese deporte que enchía o río en agosto de piragüas co Descenso do Miño. Os éxitos do kayak ou do Penedo, os triunfos presentes e futuros do herdeiro José Luis Bouza "Buzo" son grazas a Quique Míguez.

25 anos máis tarde, en Tui temos uns colexios que levan por nome nº 1 e nº 2, un pavillón que se chama Municipal dos Deportes, un centro interfederado de remo e piragüismo ou un paseo fluvial bautizado como paseo marítimo (sic), pero de Quique, do noso heroe, non hai nin unha placa, xa ninguén se lembra de ti meu, pero eu si, nos 25 anos da túa medalla, nos 25 anos de aquel día no que despertei coa miña familia saltando e decidín que quería ser coma ti (sen conseguilo). Grazas Quique.

  HEMEROTECA
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya