Somos unha familia de Vigo que ata hai pouco contaba cunha licenza legal do concello para a construción dunha vivenda unifamiliar na parroquia de Saiáns. Levamos 3 anos vivindo aí, onde naceron os nosos dous fillos.
Trala denuncia do noso veciño, que non acepta que a súa casa non está nunha illa e que as vistas ás Cíes non son patrimonio exclusivo del, atopámosnos agora que a licenza foi anulada pola mesma entidade que nola deu.
Preguntámonos como o Concello de Vigo pode pasar de conceder permiso legal, pagar por él, pagar o IBI desde 2007 e o lixo; a de súpeto… abrirche un expediente para iniciar os trámites para o derribo da nosa vivenda.
Outra pregunta que nos facemos é que manobras "supuestamente legais" puido realizar o noso veciño (se podemos chamarlle así, xa que reside 1 mes ao ano nesta zona).
Atopámosnos totalmente desamparados sen saber moi ben que facer nin a quen acudir; porque non somos nin a Finca do Conde, nin Aa Torres de García Barbón e por suposto, non contamos co apoio económico necesario para loitar como cómpre.
Estamos seguros de que nós demos todos os pasos legais necesarios para a construción da nosa casa e non temos ningunha culpa. No caso de que haxa culpables deberían selo o Notario por haber escriturado algo que din agora que non é legal e o Concello como máximo responsable por concedela.