DEPORTE

Park life ou o espertar dunha noite de verán

Mónica González Alonso

 21:58  

Esta fin de semana lin no suplemento El Viajero de "El País" un reportaje sobre as marabillas de biodiverdidade e fauna do zoolóxico Marcelle en Outeiro de Rei (Lugo). No texto afirmábase que incluso ten cocodrilos. Nunca tal vin, e iso que visitei este máis ben "campo de concentración animal" recentemente. A miña visita, aínda non hai un mes que pasei por aí cun amigo, devolveume unha imaxe de abandono, de falla de medios, de animais en semicautividad desesperados por inanición, que daban voltas sen tino e tiñan todo esburacado o xermo chan en busca dun salvador brote verde.
A verdade é que a imaxe dalgúns era dantesca. Enfermos, desprovistos de toda esperanza.
O que sí había era multitude de visitantes. Moitas familias e grupos de nenos, parellas, mozos e mozas. Unha cumprida algarabía que facía as súas compras na tenda de "souvenirs", e tamén a celebración dun banquete con atuendo de "alto copete".
Ao xulgar polo que decían os cativos, os máis sinceiros (eso din, xunto cos vellos, os borrachos e os tolos), a miña percepción deste parque recreativo con animais en semiliberdade non andaba desencamiñada: "Esto se parece a un reformatorio", foi unha das certeras sentenzas que pronunciaron ao contemplar ese estado de desesperanza.
Pouco antes da miña visita ao zoolóxico lucense acababan de anunciar o traslado da planta de Leche Pascual de esta localidade da Terra Cha. Algo que tamén parece que deixou á población da zona en situación delicada dada a crise internacional, e a escasa industrialización desta provincia "duquesal".
Só agardo que a imaxe dos animais desesperados buscando algo que levarse á boca non sexa o preludio do que terán que facer moitas familias galegas, se continúa a dinámica da especulación extrema na busca do máximo beneficio sen escrúpulo posible.
E sobre todo, se non hai un reparto máis digno da riqueza de Galicia, esta nosa grande compañía preñada de recursos, materiais e humáns de cara á competición futura.

  HEMEROTECA
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya