DEPORTE

No hay réquiem por el gallego

Mari Carmen Reigosa López - Vigo

 19:30  

Así titulaba este xornal unha noticia que consistía na translación das opinións de tres dos 28.000 opositores deste ano á administración galega, e cuxa conclusión a modo de subtitular era que "La mayoría de los opositores aplaude el cambio de la Lei de Función Pública".
Non vou a opinar sobre o rigor do sistema seguido para chegar a esta conclusión, dado que tampouco non difire moito das enquisas que fixo a consellería de Educación para chegar a conclusións parecidas, que no seu caso xustificarán as decisións tomadas de antemán.
Coido que tampouco mereceu un enfoque a opinión dos sindicatos maioritarios, que representan aos traballadores da Xunta que si aprobaron as oposicións. Isto non importou nin á Xunta nin ao xornalista que escribiu a noticia.
Tampouco representa algo a considerar a propia existencia do galego o que dá sentido á autonomía, as nosas institucións e ao noso nivel de competencias. En caso contrario, mais valía unificarnos con Castela León, onde non hai ningunha "barreira" senón unha maior proximidade física ao adorado Madrid. Por certo: así aforrábamos funcionarios.
O que me chamou poderosamente a atención é o feito de que se centre a cuestión nos intereses dos candidatos a ingresar no corpo da administración, que obviamente serán que canto máis doado tanto mellor; e non nos administrados, que somos a fin de contas a parte contratante e que paga.
Mais aínda: deberían preguntar os meus fillos qué opinan dos seus exames, e que lles parecería eliminar a metade da materia, pois isto podía dar lugar a un novo titular. Tamén preguntar aos candidatos a gardas civís, que lles parece que se eliminasen as probas físicas; ou aos árbitros, que tamén é unha gaita discriminar aos que se lles puxeron uns michelíns de máis, perdendo o talento psíquico e a ponderación que os obesos aportan ao mundo do fútbol.

  HEMEROTECA
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya