DEPORTE

Pregunta se quero que o meu fillo...

Ana Martínez Piñeiro - Vigo

 21:27  

Pregunta se quero que o meu fillo aprenda a ler e escribir en galego ou en castelán.
Pero que pregunta é esa, señor conselleiro de Educación?
Quero que o meu fillo aprenda a ler e escribir en galego, pero tamén quero que aprenda en galego a cantar, a xogar, a bailar e a relacionarse coas súas profesoras e cos seus compañeiros. Quero que o meu fillo sexa normal por falar a súa lingua no seu país. E quero que o seu país fale con el na súa lingua.
Non me pregunten se quero que o meu fillo aprenda a ler e a escribir en galego, e a continuación se quero que aprenda inglés. Non estamos a falar do mesmo. Claro que quero que o meu fillo aprenda inglés, e castelán, e francés, e portugués, e todas cantas linguas poida aprender. Pero o galego non é lingua estranxeira, e vostede está a tratala como tal.
Porque temos dereito a vivir e medrar na nosa lingua no noso país,
Galeguización das escolas xa!!!

  HEMEROTECA
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya