Como amante da pintura que son, teño de agradecer a Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra, que tiveran a ben desplazar parte dos seus fondos para os presentar en exposición na Sala Cultural de Caixanova en Vigo (do Romanticismo ao Naturalismo). Alédome atopar un cadro de Pérez Villamil, que no meu derradeiro libro, Historias da Pintura (De Giotto a Toulouse Lautrec), Odas aos poetas galegos (de Villamil a Díaz Pardo) feito cunha didáctica poética, glosei o cadro, paisaxe romántica, deste xeito:
Bafarada de azul verde/ onde a mañá soña milenios/ onde o castelo soña séculos/ onde a paisaxe exhala visa/ onde as distancias tan poéticas,/ resoan na arpa de Bécquer./ Nesas figuras, nesas paisaxes/ o quefacer cotidián, transfiguranse/ en modulacións armónicas/ que se reflicten na auga do algo./ Atmosfera cotidián, atmosfera máxima,/ como unha paisaxe enfeitizada.
Coido que se está por facer unha grande exposición na que figuraría os pintores galegos máis representativo do século XIX cos fondos dos museos galegos e particulares, exposición que tería un carácter itinerante a través das principales cidades galegas. Sería unha forma de achegar o grade público a riqueza da nosa pintura. E tamén unha forma de superar os localismos, que é unha forma de vertebrar ao país.