EN DIRECTO:

Negacionismo light

Julio Béjar - A Coruña

 

Coincidindo coa semana na que se comemora o Día de Memoria do Holocausto judeu, o CGAI da Coruña organizou o pasado venres –co patrocinio da Secretaría Xeral de Comunicación do Goberno saínte da Xunta– un seminario sobre “A herdanza da Shoa”, cuxa conferencia inaugural foi impartida polo profesor negacionista Miguel Morey. “As palabras e os feitos”, xirou arredor dunha serie de inquedantes asertos, tais como que a auténtica vítima da barbarie nazi foron os comunistas soviéticos (promotores eles mesmos do Gulag que levou por diante a vida de millóns de persoas), que a maquinaria de exterminio nazi anticipou a estrutura da covizosa sociedade occidental tal como a coñecemos (sic), e que o “cliché Auschwitz” é unha impostura lacrimógena promovida polo que descalificou constantemente como “o pobo elixido”.

Propoño que a próxima vez que esta institución malgaste os cartos públicos en promocionar actos de tan marcado sesgo antisemita, o faga, polo menos, sen ambaxes e inclúa na nómina a lumbreras como Faurisson, Finkelstein ou Chomsky, que non se andan con rodeos e sustentan directamente que a morte de 6 millóns de mulleres e homes xudeus é, sen máis, un conto.

  HEMEROTECA
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya