Carné de identidade

José Manuel Costas Sánchez

 

Hai cousas que suceden neste país que resultan difícil de crer cando cho contan, como o que sucede en Tui para facer ou renovar o carné de identidade.

Según me explicaron catro persoas distintas, en Tui non existe a cita previa, hai quen acode ás portas da Policía ás catro da mañá para poder conseguir un número que lles entregarán despois das nove, ás primeiras 25 persoas, e logo teñen que estar varias horas máis esperando de pé na cola, xa que según parece non hai sala de espera onde sentar.

Eu, o pasado ano, acudín a Vigo polo mesmo motivo con cita previa e non tardaron nin cinco minutos en atenderme, entón me pregunto: Se a Constitución di no Capítulo Segundo Artigo 14 textualmente que tódolos cidadáns son iguais ante a lei, sen que poida prevalecer discriminación ningunha por razón de nacemento etc. ¿por qué ós cidadáns nacidos ou residentes na zona do Baixo Miño se lles discrimina ante unha obriga de lei como é ter o Documento Nacional de Identidade?

Á marxe do problema de ter que madrugar hai outros, como o que sucede aos luns de madrugada en que adoitan aparecer por esa zona do Casco Vello certos individuos borrachos que se meten cos que alí están que, por certo, segundo me contaron algúns, pasaron bastante medo a que empregasen a violencia xa que algún deles pedíronlle diñeiro para bocadillos.

Lamentablemente isto sucede dende hai bastante tempo sen que ninguén se moleste en arranxalo, nunha cidade como Tui, monumental e turística, que aspira a ser considerada Patrimonio da Humanidade.

  HEMEROTECA
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya