ÚLTIMA HORA

O Centro de Saúde de Gondomar

Antonio Araújo Quintas, Alcalde de Gondomar

 

Cando un político de tanta relevancia como presume ter o Sr. Silva ten que saír aos medios de comunicación para se defender da opinión dunha cidadá, mal asunto. Pero se ademais aprobeita para xustificar o seu voto a prol da cesión dos terreos do novo centro de saúde, a cousa xa é máis grave. Pois unha de dúas: ou o Sr. Silva está arrepentido do que votou no pleno de nov. de 08 ou considera esa obra innecesaria. Ben é certo que non sería a primeira vez que este Sr. antepón o seu interese persoal e partidista ao interese xeral de Gondomar. Así está recollido nas actas dos plenos, que son documentos públicos para quen os queira ler.

Pois ben, como el mesmo di na súa carta publicada no FARO DE VIGO, seica iniciara xestións no ano 06 para construir un novo centro de saúde en Gondomar. A pregunta é obvia: u-lo as xestións?, por que non está construido? Os motivos coñéceos ben o Sr. Silva pero prefire ocultalos a mantenta. Velaí: en maio de 05 o Supremo anulou o PXOM de Gondomar que lle daba a clasificación de urbanos aos terreos do P-16, pasando a ser rústicos e polo tanto non aptos para a edificación. Tivo que chegar o BNG ao goberno municipal para desbloquear esta situación, e así, en novembro de 07 a Dirección Xeral de Urbanismo resolve que Gondomar era un concello sen planeamento, o que permitiu iniciar a tramitación do expediente para a construcción de tan necesaria infraestrutura. Nun tempo récord, entre nov. de 07 e xaneiro de 09 co proxecto de obra encargado, a marzo coa sinatura da escritura de cesión, os trámites administrativos quedaron rematados. Agora só queda a adxudicación das obras e o comezo das mesmas previsto para este verán. O Sr. Silva ignora que a diferenza entre políticos está en que uns vimos a traballar (cando nos deixan), e outros só andan á procura de colgarse medallas. En todo caso, eu agardo que neste proxecto e noutros que están en marcha, o presidente do PP local non caia no revanchismo político e decida traballar en positivo para que Gondomar siga progresando.

  HEMEROTECA
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya