Ás veces andando por eses mundos vense cousas que por moitas voltas que a lle dou á cabeza non entendo como se poden facer tan mal.

Días pasados percorrendo o tramo do Camiño de Santiago entre Caldas de Reis e Padrón atopeime en varios lugares que o camiño chega á estrada nacional N-550, e continua en fronte, e en ningún caso habia un paso de peóns por onde polo menos con algo de seguridade poidan cruzar os miles de peregrinos polos devanditos lugares, e isto acontece ao longo de todo o camiño dende Tui a Santiago.

Como é posible que neses cruzamentos tan perigosos por onde pasan diariamente, a Garda Civil de Tráfico, Protección Civil, Alcaldes dos pobos próximos, Concelleiros, etc, ninguén denuncie a perigosidade deses puntos e que seguramente mais dunha vez viron atravesar a estrada a peregrinos moi cansados despois de levar moitos quilómetros andando e o perigo que supón nese estado cruzar unha estrada nacional e non se preocuparon de que calquera día pode suceder algo irreparable.

Por favor que alguén faga algo e non empecen a botar balóns fora, dicindo que iso é cousa de Fomento, da Deputación ou do Concello.

O próximo ano é Ano Santo Compostelano e percorrerán o Camiño miles de persoas e polo tanto a posibilidade de que suceda unha desgracia é moito maior, e iso hai que solucionalo xa.