Acabo de oír por Radio Vigo que o alcalde de Vigo (pontareano) decidiu eliminar as seis “Chavolas” da antiga rúa Quentafornos. Debo dicirlle primeiro que esas casas agora serán chavolas pero no seu tempo eran as casas normais dos arredores de Vigo. Eu nacín moi preto desas casas cando era a rúa Quentafornos, e comunicaba o centro de Vigo co Castro. Alegreime moito un día que pasei por alí e aínda se conservaban, pero agora en nome do “progreso”as queren derrubar. Xa sei que non son ningunha obra de arte, tampouco o son as cabanas do Tecla,pero sí son a representación de como vivían antes os cidadáns, que non todos vivían en pazos e, repito, esas non eran chavolas como se queren chamar para xustificar o seu derrubamento. É moi doado deixar abandoadas unhas casas durante anos e logo dicir que están en ruinas, ¿É tan difícil darlle un uso a ese pequeno espazo que ocupan deixándoas co anaco de rúa Quentafornos, arranxalas e ocupalas con mobiliario da época e anuncialas como casas típicas dos arredores do Vigo antigo?